InicioDeportesJavi López é o novo adestrador de C.D. Lugo

Javi López é o novo adestrador de C.D. Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Javi López é o novo adestrador de Club Deportivo Lugo para a súa sétima tempada consecutiva en La Liga 1|2|3. Francisco Javier López Castro firma até o 30 de xuño de 2020. 

Javi López, nado en Barcelona vai 54 anos, actualmente traballaba como adxunto á dirección deportiva do Real Sporting de Gijón con Miguel Torrecilla, ex R.C. Celta de Vigo, ao fronte. Previamente, a súa última experiencia como adestrador foi no Real Club Celta de Vigo B na tempada 2014-2015 en Segunda División B durante 17 xornadas con 4 vitorias, 3 empates e 10 derrotas . A campaña previa, adestrou ao Girona F.C. en Segunda División durante 11 xornadas.

No campionato 2010-2011, a súa última tempada completa nun banquillo, rematou en oitava posición de Segunda División co Xerez Club Deportivo. Por aquel entón, Emilio Viqueira, actual director deportivo do Lugo, era o director deportivo do Xerez.

En Segunda División, foi adestrador do Girona F.C. (2013-2014), F.C. Cartagena (2011-2012), Recreativo de Huelva (2009-2010), Deportivo Alavés (2008-2009), Gimnàstic de Tarragona (2007-2008) e a extinta U.D. Salamanca (2006-2007).

Acadou o ascenso a Segunda coa U.D. Salamanca en 2006.

Como futbolista, cómpre subliñar a súas catro tempadas no Villarreal C.F. (1992-1996), ademáis dunha campaña en Galicia no Rácing de Ferrol (1996-1997). Xogaba de central.

O adestrador será presentado o martes 19 de xuño a partir das 12 do mediodía no estadio Ángel Carro.

 

+ posts

ÚLTIMAS

O PP leva ao Senado a falta de cobertura móbil e fibra no rural de Lugo

A Comisión de Transformación Dixital do Senado debaterá e votará este martes unha iniciativa...

Ofrenda do Antigo Reino en Lugo durante unha xornada calorosa

A cidade de Lugo celebrou este sábado, 14 de xuño, a Ofrenda do Antigo...

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada...

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...