InicioDeportesO C.D. Lugo xogará un amigable contra o Racing de Santander

O C.D. Lugo xogará un amigable contra o Racing de Santander

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo xogará un partido amigable contra o Real Racing Club de Santander no estadio municipal de Miramar (Luanco, Asturias) o venres 27 de xullo dende as 19 horas, segundo anunciou o club santanderino.

É o terceiro encontro de preparación dos lucenses anunciado até o momento. O Lugo tamén xogará contra o Real Oviedo en Burela o mércores 1 de agosto e contra o R.C. Deportivo da Coruña o mércores 8 de agosto no estadio Ángel Carro a partir das 20:30 horas.

Por outra banda, o club continúa coa súa intención de expandirse socialmente pola provincia na campaña de abonados “A unión fai forza”. Visitará a Praza da Constitución de Vilalba o martes 3 de xullo e a Praza de Galicia de Chantada o xoves 5 de xullo. O horario de ambas visitas será de 10:30 a 15 horas. Realizarán máis visitas pola provincia de Lugo durante os meses de xullo e agosto.

+ posts

ÚLTIMAS

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na...

O PP reclamará na Deputación o arranxo da LU-P-1811 en Chantada

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán no vindeiro pleno que o goberno da...

Lugo aproba o seu novo organigrama cun aforro do 40% no gasto político

O Concello de Lugo acolleu este venres a sesión plenaria na que se aprobou...

A Deputación financia unha nova área de autocaravanas na Pastoriza

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na inauguración da...