InicioSucesosDenunciados nove participantes da XVII Ruta do Cádavo por modificacións ilegais

Denunciados nove participantes da XVII Ruta do Cádavo por modificacións ilegais

A Garda Civil tramitou nove denuncias contra participantes da Ruta do Cádavo, proba de montaña en Baleira, por modificacións ilegais nos todo terreos

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE – Redacción | Nove participantes da XVII Ruta do Cádavo foron denunciados pola Garda Civil por modificacións ilegais nos todo terreos. Axentes do Grupo de Información da Agrupación de Tráfico (GIAT) constataron que as reformas non estaban recollidas na ficha da Inspección Técnica de Vehículos (ITV), e que incluso un dos 4×4 empregaba “un motor turbo de fabricación artesá”.

A revisión dos todo terreos foi realizada o pasado sábado, 23 de febreiro, con motivo da XVII Ruta do Cádavo, a proba de montaña celebrada en Baleira. A Garda Civil detectou modificacións sen verificar, que segundo estabelece o Regulamento Xeral de Vehículos, poderían comportar sancións administrativas de ata 500 euros por non demostrar o cumprimento dos requisitos técnicos.

Un dos todo terreos denunciados deberá ademais realizar unha ITV extraordinaria “perante a gravidade das deficiencias observadas”. Os axentes que revisaron o 4×4 constataron que as modificacións poderían “constituír un perigo para a seguridade viaria”, pois a ruta que partía do Cádavo discorreu por treitos de estrada abertos ao tráfico, ademais de zonas de monte. O vehículo en cuestión levaba instalado un motor turbo feito na casa.

+ posts

ÚLTIMAS

Seguridade e apoio ás familias, prioridades do Goberno local de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou este luns a aposta do Goberno municipal...

Muras convida a observar a eclipse total de Sol desde o Alto da Curuxeira

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este tarde na presentación da...

Controlado o incendio nun restaurante de Lugo, que obrigou a desaloxar varias terrazas

Os bombeiros de Lugo traballan na extinción dun incendio que se orixinou nun restaurante...

Meteogalicia sinala moi “baixa probabilidade” de nubes o día da eclipse

A maioría dos concellos galegos nos que a eclipse solar deste mércores sexa total...