InicioDeportesXogadores, ténicos e empregados do Breogán tamén irán ao paro polo coronavirus

Xogadores, ténicos e empregados do Breogán tamén irán ao paro polo coronavirus

Di que l é a mellor maneira de garantir a continuidade do club.

PUBLICADA O

- Advertisement -
O Leche Río Breogán anunciou este sábado que presentará a solicitude dun Expediente de Regulación Temporal de Emprego ( ERTE) que afectará a xogadores, técnicos e empregados.
Nun comunicado, o club explica que o seu Consello de Administración procedeu a solicitar o ERTE “por causa de forza maior á vista da paralización completa das súas actividades”. O Breogán sinala que tomou a decisión tras a declaración do estado de alarma pola crise do coronavirus e “tendo en conta a suspensión temporal da liga LEB Ouro así como o peche das instalacións do Pazo dos Deportes por parte da Deputación Provincial de Lugo”.
Ademais, sostén que “na situación actual é a mellor maneira de garantir a continuidade do club e os seus empregados á espera de poder retomar as súas actividades deportivas e sociais”

+ posts

ÚLTIMAS

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...