InicioDeportesO hóckey lucense presume de talento

O hóckey lucense presume de talento

O equipo alevín do Club Lóstregos Lucus conseguiu o terceiro posto na Liga Nacional Ouro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O equipo alevín do Club de Patinaxe Lóstregos Lucus regresou á casa cun terceiro posto na clasificación da Liga Nacional Ouro, un triunfo máis logo de proclamarse campións galegos na tempada pasada.

O pasado fin de semana, xogaron a fase de ascenso á Liga Elite alevín da Real Federación Nacional de Patinaxe na modalidade de hóckey liña. Despois de quedar primeiros na clasificación nacional, enfrontaríanse a outros dous equipos para definir a súa colocación na Clasificación definitiva.

O Club Pati Vila-Real e o Tucans Asme foron os seus rivais. Quedaron en terceiro lugar, pero con gran sabor de boca. “É o segundo ano que o equipo se presenta a esta competición e é o único equipo galego en conseguir chegar a este posto. Foi un ano cheo de emocións”, resaltan dende o Lóstregos Lucus. “Non podemos estar máis orgullosos”.

O certo é que non foi a única alegría dos últimos meses para este club lucense, pois no mes de xullo a xogadora Catuxa Castro proclamárase campioa mundial junior de hóckey liña.
+ posts

ÚLTIMAS

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...