InicioDeportesO porteiro vilalbés Ángel Fraga ficha polo Rápido de Bouzas

O porteiro vilalbés Ángel Fraga ficha polo Rápido de Bouzas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O porteiro vilalbés Ángel Fraga Camba é novo gardameta do Rápido de Bouzas, equipo vigués de Segunda División B e que rematou en quinta posición no grupo primeiro a pasada tempada. Procede do Ourense C.F., de Terceira División, co que xogou oito partidos. Comezou a campaña no C.C.D. Cerceda, en Segunda B, competindo nun encontro de liga e dous de Copa Deputación.

Fraga, de 22 anos, formouse no R.C. Celta de Vigo, tanto no filial como en categoría xuvenil en División de Honra. Previamente, defendeu as cores de Rácing Vilalbés. Foi convocado co primeiro equipo ao partido de volta de oitavos de final da Europa League fronte o F.C. Krasnodar no desprazamento ao sur de Rusia.

Debutou co filial celtiña, en Segunda B, o 14 de maio de 2016 na vitoria ante o Real Valladolid B (4-2) na derradeira xornada de liga.

Ángel Fraga sobresae pola súa axilidade, velocidade e xogo de pés.

O vilalbés é estudante de Enxeñería Industrial.

O Rápido de Bouzas leva realizadas 15 fichaxes para a vindeira tempada nun proxecto dirixido polo adestrador Jorge Otero, ex futbolista internacional.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

O Concello de Lugo aproba o texto do convenio marco da FEGAMP para uso eficiente dos servizos públicos

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, anunciou que a  Xunta de Goberno Local aprobou hoxe...

Lugo aproba o proxecto de utilización dos pavillóns escolares fóra do horario lectivo

O Concello de Lugo deu un novo paso para optimizar o uso das infraestruturas...

A Vicepresidencia da Deputación e colectivos culturais debaten sobre boas prácticas culturais

A finca de Tor acolleu este luns o primeiro Encontro de Boas Iniciativas Culturais,...