InicioDeportesC.V. Emevé Lugo inscribiuse na Superliga feminina

C.V. Emevé Lugo inscribiuse na Superliga feminina

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Voleibol Emevé de Lugo comunicou este mediodía a inscripción do equipo feminino sénior en Superliga, máxima categoría do voleibol. A cuantía, segundo confirmou a súa presidenta, Bibí Bouza, é de 20000 euros. “Todo este soño é grazas ao esforzo dos nosos equipos”, declarou.

Bibí Bouza afirmou que “non” teñen “pechado totalmente o orzamento, pero sí o suficiente” para a inscripción. “É un gran día para nós, para o voleibol galego e, sobre todo, para a cidade de Lugo”, lembrou. Reivindicou que o Emevé será “o único equipo galego” na máxima categoría, “será o equipo de referencia do voleibol no noroeste de España” e “o único co equipo feminino en Superliga 1 e o masculino en Superliga 2”. 

Bouza lembrou que “é un proxecto de canteira” e “seguirá a ser un equipo lucense”. “É a nosa esencia e o que nos fai seguir adiante”, engadiu. De feito, explicou que servirá para dar “visibilidade a Lugo, á nosa cidade, á nosa xente e á nosa comida”. Lembrou que a Superliga será cuberta pola Televisión de Galicia (TVG) e Teledeporte, co que todo iso implica a nivel de difusión do club, da cidade e do proxecto de canteira lucense.

Bouza explicou que manterán ás xogadoras que acadaron o ascenso a tempada pasada. “Reforzaremos o sexteto inicial”, explicou. O adestrador, José Valle, renovou fai setes días.

Por outra banda, “en poucos días” darase a coñecer a campaña de abonados e “outras actividades”.

Ademáis, adiantou “sinerxias” con Club Deportivo Lugo.

Quixo agradecer o “apoio incondicional” a “institucións”, “particulares”, “Tino Saqués” e “Jesús Lence”, que están “dispostos a seguir apoiando” este “proxecto de canteira” e darlle “continuidade”.

Ligazón da entrevista que publicamos neste mesmo xornal a Bibí Bouza o pasado xoves 17 de maio:

https://lugoxornal.gal/deportes/341-a-esencia-deste-club-e-a-base/

Foto das canles oficiais de CV Emevé Lugo.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A xuíza amplía a investigación a José Tomé e cita 5 mulleres vinculadas ao PSdeG

A investigación xudicial aberta contra o alcalde de Monforte de Lemos e expresidente da...

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...