Un Lugo contragolpeador gañou ao Dépor (1-0)

Os lucenses suman 44 puntos e son decimosétimos, fóra de descenso, cun golazo de José Carlos Lazo

Iriome e Edu Expósito loitan por un balón. Foto de laliga.es

O Club Deportivo Lugo gañou contra o Real Club Deportivo da Coruña (1-0). Os lucenses son decimosétimos, fóra do descenso, con 44 puntos.

A primeira metade foi de ida e volta cun Dépor dominando e propoñendo máis. Os lucenses buscaban os contragolpes co despliegue de José Carlos Lazo e Cristian Herrera. O Dépor tamén castigaba as perdas de balón lucenses atacando os espazos coa versatilidade de Quique González e Carlos Fernández. Ademais, o Dépor buscaba continuamente a banda dereita do seu ataque tentando crear superioridades. No minuto 7, Cristian Herrera tivo a primeira ocasión. Contestaba o Dépor con dúas transicións rápidas. No minuto 13, Fede Cartabia lanzou unha falta directa por riba do longueiro. No minuto 25, Carlos Pita entraba ao campo en sustitución do mancado “Josete” Malagón. Dous minutos despois, parede entre José Carlos Lazo e Manu Barreiro que Lazo non atinou na finalización. Á media horra, erro de Fernando Seoane na saída de balón, Carlos Fernández conduce e despexou Miguel Vieira o centro de Quique González. Dous minutos despois, Eduard Campabadal centraba e o seu pase foi desviado a saque de esquina. E, no 42, Cristian Herrera finalizaba cruzado e Dani Giménez desviou.

Na segunda metade, mesmo denominador. No minuto 54, centro perigoso de Carlos Fernández. Un minuto despois, golpeo de Edu Expósito ao longueiro dende fóra da área. Minutos despois, Lazo dispara e Dani Giménez desviou. E, no minuto 60, José Carlos Lazo marcou o 1-0 cun golazo dende fóra da área despois dunha recuperación de Fernando Seoane e un taconazo de Cristian Herrera. Dende aí, o Dépor buscou o empate. No minuto 67, Carlos Fernández tirou excesivamente alto dende fóra da área. Dous minutos despois, xogada marabillosa individual de Quique González que, co calcaño, xerou unha superioridade e, o seu centro, foi desviado a saque de esquina. No minuto 75, paradón de Juan Carlos Martín no un para un ante Quique González despois dun pase filtrado marabilloso de Carlos Fernández e Borja Valle rematou alto no rexeite. Quique González rematou alto no minuto 84 nunha nova opción deportivista. Lazo contestaba no minuto 87, pero desviaba Dani Giménez. Cun centro de Edu Expósito no tempo engadido que desviou Juan Carlos Martín ante a indecisión da defensa albivermella remataba esta vitoria importante do Club Deportivo Lugo.

Oitavo gol de José Carlos Lazo nesta liga.

Manu Barreiro recibiu a quinta tarxeta amarela e non poderá competir na vindeira xornada en Almendralejo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here