InicioDeportesUn triple de Nico Richotti impide a remontada dun Breogán feble ao...

Un triple de Nico Richotti impide a remontada dun Breogán feble ao comezo (84-85)

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán perdeu no Pazo dos Deportes de Lugo ante Iberostar Tenerife (84-85) na trixésimo primeira xornada da Liga Endesa.

Iberostar Tenerife foi moi superior ao comezo con circulación sobresaínte de balón e tiro exterior pese aos cinco puntos iniciais de Alec Brown (5-3). O equipo adestrado por Txus Vidorreta anotou as súas primeiras oito posesións. Adquiriu as primeiras vantaxes (12-20) e chegaron con 13 puntos de marxe ao remate do primeiro cuarto (17-30). No segundo cuarto, mesmo denominador coa máxima renta dos tinerfeños (23-39).

No segundo tempo, o Breogán mellorou en defensa e ataque co liderado de Ray McCallum, o poderío interior e no rebote de Volodymyr Gerun e sete puntos consecutivos de Emir Sulejmanovic. Cunha canastra de McCallum igualaron (77-77) e adiantáronse cunha nova canastra en xogada individual do ex base de San Antonio Spurs (84-82).

Na penúltima xogada, Nico Richotti, que aportara 12 puntos no primeiro cuarto e viña de anotar as dúas canastras previas de Tenerife, acertou cunha tripla a falta de 1,7 segundos e Lucio Redivo errou a tripla na derradeira posesión.

Richotti foi o máximo anotador do partido con 24 puntos, mentres que nos lucenses destacaron Ray McCallum, con 19, e Alec Brown, con 15.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...