InicioCulturaVicepresidencia da Deputación edita o sétimo volume da colección científica Philtáte

Vicepresidencia da Deputación edita o sétimo volume da colección científica Philtáte

A edición está coordinada pola USC e está editada polo Servizo de Publicacións da Deputación que é un referente internacional no estudo do mundo romano

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada de Cultura Iria Castro participou esta tarde na presentación do sétimo volume da colección científica Philtáte, unha serie coordinada pola profesora da USC Dolores Dopico Caínzos e polo profesor Manuel Villanueva Acuña e editada polo Servizo de Publicacións da Deputación que é un referente internacional no estudo do mundo romano.

Este sétimo volume, que reúne unha quincena de artigos de investigadores de universades europeas, publícase baixo o título “…aut recepti beneficio se obligatos putant. Formas non coercitivas de transformación indíxena” e profundizan nos cambios inducidos por Roma mediante a concesión de diversos beneficios (inmunidade fiscal, aumento do territorio, autonomía xurídica, respecto aos seus iura e formas políticas) e outros estímulos persoais ou públicos.

No acto, celebrado no Pazo Montenegro coa participación dos coordinadores da colección e da vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio da USC Ana Cabana, Iria Castro destacou “a contribución destas publicacións a documentar e difundir o coñecemento que se xenera no ámbito universitario” e valorou “a importancia destas iniciativas de divulgacion científicas para dar solidez á proxección internacional do noso patrimonio”.

+ posts

ÚLTIMAS

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Declaración negativa para o parque eólico ‘Navallos’, entre Castroverde e Baralla, por efecto sobre avifauna

A Xunta formulou declaración de impacto ambiental desfavorable ao proxecto de parque eólico 'Navallos',...

Elena Candia: “Imos ter unha grande edición do Arde Lucus, a pesar da oposición”

A cidade de Lugo volverá transformarse na antiga Lucus Augusti do 18 ao 21...

Polémica no Consello Escolar de Lugo: Erguer denuncia a “expulsión” do seu voceiro e o Concello sinala repetidas “interrupcións”

O primeiro Consello Escolar Municipal co novo concelleiro de Educación de Lugo, Javier Vázquez,...