InicioCulturaA Deputación fala de "éxito rotundo" das Rutas polo Románico enchendo as...

A Deputación fala de “éxito rotundo” das Rutas polo Románico enchendo as 300 prazas ofertadas

O programa impulsado pola institución provincial para conmemorar o Día da Transrománica rexistrou unha alta demanda en itinerarios como o de Taboada, Sober, Antas de Ulla, Viveiro e Pantón, onde as prazas se esgotaron en pouco tempo

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, celebrou o éxito do programa de Rutas polo Románico impulsado pola Deputación de Lugo, que pechou esta fin de semana cun éxito rotundo de participación cubrindo as 300 prazas ofertadas e mesmo rexistrarse listas de agarda en varios dos itinerarios.

A institución provincial impulsa este programa para conmemorar o Día da Transrománica, que se desenvolveu ao longo de cinco xornadas cun total de 16 rutas gratuítas e guaidas polo patrimonio románico da provincia, combinando divulgación cultural, coñecemento do territorio e posta en valor dun dos conxuntos románicos máis relevantes de Europa.

Pilar García Porto destacou a excelente acollida da iniciativa, que avala “o modelo de turismo da Deputación de Lugo, baseado na posta en valor do patrimonio como motor económico e social”. Engadiu que o éxito desta edición confirma a consolidación dun programa “que conecta a cidadanía co seu patrimonio e reforza unha estratexia turística sostible e de calidade para a provincia”.

A elevada demanda foi especialmente significativa en rutas como Taboada, Sober, Antas de Ulla, Viveiro e Pantón, que completaron as súas prazas en pouco tempo, confirmando o forte interese por este tipo de propostas de turismo cultural. “As Rutas polo Románico consolídanse deste xeiro como unha proposta estable dentro da nosa estratexia cultural e turística, contribuíndo á difusión do patrimonio, á dinamización do territorio e á promoción dun turismo sostible e de calidade”, sinalou a Deputada.

Os participantes desta proposta coñeceron o románico nas Terras da Ulloa, dende Antas de Ulla a Palas de Rei e Monterroso; os concellos de Guntín, Meira, Sarria, Portomarín e Paradela e, na Ribeira Sacra, descubriron os recursos do románico de Chantada, Pantón, Taboada, O Saviñao, Sober e Monforte. Tamén se organizaron rutas na Catedral de Lugo e a Cidade Medieval, que permitiu coñecer os recunchos da capital lucense.

A Deputación na Rede Transrománica

A Deputación de Lugo intégrase desde 2021 na rede Transrománica, recoñecida como Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa, que agrupa territorios de Austria, Alemaña, Francia, Italia, Romanía, Portugal, Serbia, Eslovaquia e España.

A provincia de Lugo conta na súa ruta con dez igrexas de arte románico situadas nos concellos da Ribeira Sacra: o mosteiro do Divino Salvador, en Ferreira de Pantón; a igrexa de San Xoán da Cova, en Carballedo; a igrexa de Santa María de Nogueira de Miño, en Chantada; a igrexa de San Pedro de Ribas Altas, en Monforte de Lemos; a igrexa de San Facundo de Ribas de Miño, en Paradela; a igrexa de San Nicolás ou San Xoán, en Portomarín; a igrexa de Santa María de Torbeo, en Ribas de Sil; a igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, no Saviñao; a igrexa de Santa María de Proendos, en Sober; e a igrexa de Santa María de Taboada dos Freires, en Taboada.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...