InicioCulturaA Asociación Cultural Tele-Clube colabora no Día Internacional dos Museos cun concerto...

A Asociación Cultural Tele-Clube colabora no Día Internacional dos Museos cun concerto de Traspielas

A actividade foi anunciada pola concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, animou á veciñanza a participar na actividade, organizada pola Asociación Cultural Tele-Clube de Lugo, un concerto que será gratuíto e terá lugar na Caixa Negra do MIHL

PUBLICADA O

A actividade foi anunciada pola concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, quen na mañá do Luns 5 de Maio anunciou este concerto dentro das actividades que planifica a Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo polo Día dos Museos, que se celebra este ano o luns 18 de maio de 2026. Ferreiro afirmou que “celebramos unha xornada importante nas salas museísticas municipais abríndoas á veciñanza e achegando a Lugo propostas culturais de gran calidade procedentes de Galiza”.
Ferreiro animou á veciñanza a participar na actividade, organizada pola Asociación Cultural Tele-Clube de Lugo, un concerto que será gratuíto e terá lugar na Caixa Negra do MIHL. A concelleira de Cultura afirmou que “as distintas salas museísticas permítennos coñecer a historia de Lugo, desde a época romana ata os nosos días, e son un gran atractivo tanto para as veciñas e veciños de Lugo como para os miles de turistas que ano tras ano visitan estas instalacións”.
Traspielas é o nome que recibe o novo proxecto da compositora e guitarrista Su Garrido Pombo xunto con Macarena Montesinos (cello), Iago Ramilo (saxo), Marco Maril (electrónica) e Fran Rodríguez Casal (visuais), en que profundizan e celebran a memoria colectiva dunha aldea a través dunha obra musical, poética e visual. Partindo de pezas tradicionais recollidas na aldea de Traspielas (Fornelos de Montes) e proxeccións con imaxes actuais e de videoarquivo, artistas de estilos diversos como a electrónica, a experimentación e a música tradicional, conflúen para crear unha obra actual que pon en valor a cultura popular e busca fortalecer o vínculo entre a comunidade e o seu territorio.
As cancións son revisitadas con novos arranxos e acompañadas de audiovisuais, textos e escenografías creadas a partir da escoita da meAmoria local, establecendo un diálogo entre pasado, presente e futuro. O proxecto céntrase en reinterpretar 11 pezas tradicionais recollidas na aldea —xotas, muiñeiras, cantos de berce, romances— dende unha perspectiva multidisciplinar e contemporánea
O concerto de Traspielas é de entrada libre e terá lugar na Caixa Negra do MIHL (Museo Interactivo de Historia de Lugo), as 18:00 do Luns 18 de Maio de 2026 coincidindo co día Internacional dos Museos. Este día conmemórase anualmente desde 1977, e ten como obxectivo concienciar sobre a utilidade dos museos como un importante medio para o intercambio cultural e o enriquecemento da sociedade. Este é o terceiro ano que Tele-Clube colabora co concello de Lugo no deseño de algunha actividade para a promoción dos museos da cidade de Lugo nesta data.
+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...