InicioCulturaAs asociacións culturais poden solicitar axudas para actividades e equipamento da Vicepresidencia...

As asociacións culturais poden solicitar axudas para actividades e equipamento da Vicepresidencia da Deputación

A área de Cultura financia, a través desta liña, actuacións de mellora, acondicionamento e reforma de locais e instalacións culturais que os colectivos cultivos culturais teñan en propiedade, cedidas ou alugadas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe -11 de marzo – a convocatoria de axudas de concorrencia para asociacións culturais da Vicepresidencia da Deptuación de Lugo, cun importe total de 600.000 euros.

A convocatoria inclúe dúas liñas de axuda: unha para a realización de actividades culturais, dotada con 350.000 euros, e outra para melloras nas instalacións e no equipamento de locais, cun importe de  250.000 euros.

A deputada Iria Castro explicou que “un ano máis reforzamos esta liña de axudas para atender o crecente dinamismo das asociacións culturais e veciñais, unha rede fundamental para facilitar o acceso á actividade cultural e crear espazos de socialización e convivencia arredor da cultura e do patrimonio, especialmente nas parroquias e concellos máis pequenos”

A responsable de Cultura lembrou que “nos dous últimos anos, se incrementou nun 60 por cento  o importe desta convocatoria, da que se beneficiaron decenas de asociacións de todas as comarcas, a maioría pequenos colectivos que funcionan co impulso de persoas implicadas na vida comunitaria”

A principal novidade da convocatoria é o incremento da contía mínima dos 500 aos 800 euros, que actualiza a cantidade mínima   atendendo ao incremento xeral dos custos tantos dos servizos como dos materiais que as asociacións poden financiar con estas subvencións.

O prazo de presentación de solicitudes abre mañá -12 de marzo- e alongarase ata o 26 de marzo, incluído. As bases e modelos de solicitude estarán dispoñibles na web cultura.deputacionlugo.gal, no apartado Programas e subvencións, con indicacións precisas sobre o procedemento de solicitudes.

Axudas para actividades culturais

A través desta liña, a área de Cultura colabora na organización de actividades e eventos culturais por parte das asociacións, especialmente aquelas orientadas á difusión do patrimonio material e inmaterial de Galiza, a historia, a música e  as tradicións.  As axudas oscilan entre os 800 e os 3.000 euros.

Axudas para melloras nos locais

A área de Cultura financia, a través desta liña, actuacións de mellora, acondicionamento e reforma de locais e instalacións culturais que os colectivos cultivos culturais teñan en propiedade, cedidas ou alugadas. Tamén se subvenciona a compra de equipamento, facilitando así que as asociacións conten cos medios adecuados para as súas actividades culturais. As axudas oscilan entre os  800 e os 2.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...