InicioCulturaGuía para rematar o 2018 cunha chea de actividades en Lugo

Guía para rematar o 2018 cunha chea de actividades en Lugo

Trátase de propostas diversificadas, que contemplan xogos e espectáculos para familias, obradoiros, cinema ou actuacións musicais, entre outros

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo e a Deputación de Lugo organizan numerosas actividades para rematar este 2018. Actividades que van desde xogos e espectáculos para familias, ata obradoiros, cinema ou actuacións musicais, entre outros

Así, tanto os espazos dependentes do concello, como os da Deputación, ademais de prazas públicas serán o escenario destes actos que teñen lugar deste este venres e ata o luns. Estas son as actividades

No MIHL

Venres, 28 de decembro: Percubebé, Moraima. Moraima vive nun bosque rodeada dun mundo máxico. Coa música e os xogos, os máis pequenos e pequenas gozarán, cantarán e tocar a través dunha longa viaxe polo seu mundo de máxicos soutos.

Sábado, 29 de decembro. Martiña Soñadora, concerto. As nenas e nenos bailarán aprenderán das músicas e gozarán das cancións con ritmos brasileiros, portugueses, do rock and roll e mesmo do blues.

Domingo, 30 de decembro. Raquel Queizás, Nanocontos. Guiados por Nano, unha ra que medra cos contos, os bebés verán estimualda a percepción espacial e psicomotrocidade a través de pequenas historias.

No Vello Cárcere

Venres, 28 de decembro: Peti`s Rock. Obradoiro Musiqueando. Fabricación de instrumentos musicais con materiais de refugallo. As chapas das botellas, os botes de produtos de limpeza, os bricks, os cartóns de rolos de papel, as latas de conserva poden ter unha segunda vida como orixinais instrumentos de m´suica que se empregarán para crear panxoliñas modernas.

Sábado, 29 de decembro. Fábrica de Sons. Milcores. Obradoiro de pintura en porcelana. Personalizaranse cuncas de almorzo con orixinais debuxos realizados con pintura cerámica, resistente aos lavados para conservalos durante moito tempo.

Venres e sábado. Obradoiro de panxoliñas.

Luns, 31 de decembro. Peti´s Rock. Discoteca Infantil.

Na proposta do Concello tamén hai cinema, en concreto unha exquisita selección de filmes do cinema clásico para todos os públicos no auditorio do Vello Cárcere. As sesións, todas ás 18:30 horas, do 29 e 30 de decembro, son Plácido e De ilusión tamén se vive.

Na Casa da Xuventude

A maiores, na Casa da Xuventude hai obradoiros para fabricar agasallos e de doces de Nadal; así como actividades ioga, pilates e zumba. O 28 de decembro, a entidade local poñerá en marcha un rastrexo de inocentes no monte Segade. A Praza de Abastos tamén acolle os obradoiros para aprender a fabricar regalos e unha zona infantil.

Actuacións musicais

No tocante ás actuacións musicais, a entidade local preparou a actuación de Iseo A Moura, un espectáculo de narración oral e música ao vivo mañá vernes, 28 de decembro, a da Orquestrada Atlantic Beat o sábado 29 e o concerto de Ruth León acompañada de David Taboada, o 30 de decembro. Todas elas serán no Vello Cárcere, a primeria ás 18:30 horas, a segunda ás 20:30 horas e a última, ás 13:00 horas.

Elga Fernández Lamas

Na Praza Maior

Paseos en Cabaliños Mecánicos, pola Praza Maior.

Obradoiro de Postais na carpa da Praza Maior

As personaxes de nadal percorren as rúas do centro entregando caramelos e globos.

Na praza de San Marcos

Larpeiradas: deseños de Nadal

O Nadal na Provincia

O Goberno da Deputación leva de xeito completamente gratuíto aos concellos da Provincia 100 actividades dentro da súa programación de Nadal. As actividades para o venres 28 son as seguintes:

– Planetario Ciencia Kids. CENIMA, Foz
– O Baúl do Mago. Praza do Concello, Burela
– Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Salón de Actos do Concello, Carballedo
– Planetario Ciencia Kids. Pavillón Polideportivo, Alfoz
-Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Salón de actos do Cuartel Vello, Taboada
– Orquestra de Malabares coa Banda Sons e Soños. IES Río Miño, Rábade

Obradoiros na Rede Museística

O Goberno da Deputación tamén realiza obradoiros na Rede Museística. Estas actividades contan cun total de 320 prazas, aínda que tamén hai actividades sen límite de asistencia, por exemplo, continúa o programa Musavisitas pola Rede, que ofrece visitas guiadas gratuítas.

Os obradoiros, totalmente gratuítos, son diferentes en cada unha das sedes, atendendo as particularidades das súas coleccións e as demandas dos participantes. As inscrición está aberta ata esgotar as prazas, e debe formalizarse no Museo onde se vaia realizar o obradoiro.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...