InicioCulturaApertura de matrícula para a Tradescola

Apertura de matrícula para a Tradescola

Este 5 de setembro abre o prazo de matrícula para o vindeiro curso nas aulas de gaita, zanfona, acordeón, acordeón diatónico, baile tradicional, canto e pandeireta, pandeira, percusión, requinta, e linguaxe musical ademais de aulas específicas para os máis pequenos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tradescola,  o centro de ensino da música, do canto e do baile tradicional galego xestionado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo conta no seu equipo docente con 9 dos mellores mestres no eido da música e do baile tradicional. Os mestres e mestras implicados no proxecto educativo da Tradescola son: Alberte Núñez (aulas de acordeón e acordeón diatónico) Bruno Villamor (aulas de gaita e requinta), Lucía Eiros (aulas de linguaxe musical), Xabier Iglesias (aulas de baile tradicional e de iniciación á música e o baile tradicional para nen@s), Jose Manuel López (aulas de gaita), Branca Villares( aulas de canto e pandeireta e pandeira), Roberto Rodríguez (aulas de canto e pandeireta), Germán Díaz (aulas de zanfona) e Miguel Anxo López Buján (aulas de percusión tradicional).

AULAS E MATRÍCULA

As aulas impartiranse nos locais do Centro Lug 2 e nos locais do Centrad de Lugo e a matrícula permanecerá aberta en horario de 11.30 a 13.30 h. e de 16.30 a 19.00 horas ata o 16 de setembro nos seus locais na Rúa Pintor Corredoira nº 4 de Lugo (Centro Lug2) ou no teléfono 982 229966.

PROXECTO EDUCATIVO COMPROMETIDO COA MÚSICA TRADICIONAL

A Tradescola traballa día a día na busca de xeitos de mellora para acadar os seus obxectivos finais, promocionar e transmitir a música, o canto, o baile e outras tradicións culturais galegas apostando sempre pola educación como un dos piares fundamentais para a conservación, coñecemento e divulgación da música galega.

Esta escola conta tamén no seu seu proxecto educativo cun itinerario profesional que terá como finalidade proporcionar ao alumnado unha formación coa que garantir a cualificación dos futuros profesionais que serán quen de continuar coa transmisión e exposición do noso patrimonio.

Máis información na Tradescola (Rúa Pintor Corredoira nº 4 – Lugo), no teléfono 982 229966 ou no mail tradescola@gaiteirosgalegos.gal

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...