InicioCulturaOs maiores de Lugo celebran o Día das Letras cantando, bailando, facendo...

Os maiores de Lugo celebran o Día das Letras cantando, bailando, facendo vídeos e deporte

Os usuarios dos centros de maiores da Deputación recitaron poemas de Xela Arias e compuxeron os seus propios textos ao longo de toda esta semana.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Día das Letras Galegas tamén se celebra na rede de Centros de Atención a Maiores (CAM) da Deputación de Lugo  con actividades nas cinco residencias provinciais. Os usuarios e usuarias participaron nun conxunto de actividades que lles permitiron afondar e reflexionar sobre a figura de Xela Arias, a autora homenaxeada neste 17 de maio.

Os CAM de Ribadeo, Trabada, A Fonsagrada, Pol e Castroverde recitaron poemas, escribiron as súas propias composicións, gravaron vídeos e realizaron caricaturas coa cara da autora.

Ao longo de toda a semana os residentes prepararon retos para propoñerlle aos seus homólogos que viven noutros centros da rede provincial. Uns retos que tiveron que superar e que unha vez feitos e enviados aos centros retadores, lles permitían conseguir un anaco do cartel do Día das Letras Galegas que debían debuxar e colorear para colgar na residencia. Os retos consistían en cantar, bailar, practicar deportes, gravar vídeos e demostrar o seu enxeño. Ao final da semana, todos superaron os retos e lograron completar o cartel.

Estas actividades enmárcanse no calendario de actividades que, anualmente, se celebran nos centros provinciais e que permiten “ademais de manter o ánimo dos usuarios e usuarias, é un bo xeito de que exerciten a súa memoria, a capacidade de atención e a creatividade. Estas iniciativas propician o traballo en grupo e o sentimento de comunidade, xa que todos traballan como unha rede”, recoñece o Presidente da Deputación, José Tomé Roca.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...