InicioCulturaAs catro finalistas a mellor película nos premios Mestre Mateo proxectaranse en...

As catro finalistas a mellor película nos premios Mestre Mateo proxectaranse en Vilalba

Deputación e Academia Galega do Audiovisual, en colaboración co Concello, impulsan unha iniciativa que tamén levará o cinema galego a Foz e Chantada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo promove un ciclo de proxeccións audiovisuais que levará os filmes finalistas ao Premio Mestre Mateo a Vilalba, Foz Chantada. As tres localidades acollerán nas vindeiras semanas os pases de ‘Ons‘ de Alfonso Zarauza, ‘A illa das mentiras‘ de Paula Cons, ‘Arima‘ de Jaione Camborda e ‘Lúa Vermella‘ de Lois Patiño, candidatas ao galardón na categoría de Mellor Longametraxe.

A vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación, a nacionalista Maite Ferreiro, e o vicepresidente da Academia Galega do AudiovisualPepe Coira, presentaron a iniciativa este martes no Pazo de San Marcos, acompañados por Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA, e Mercedes Vázquez, de Airoá Comunicación, que xestionarán as proxeccións en Vilalba e Chantada, respectivamente.

FERREIRO: “O LUGAR DE RESIDENCIA NON PODE EXCLUÍR DO ACCESO A UNHA CULTURA DE CALIDADE E SEGURA”

“Desde a Vicepresidencia da Deputación presentamos esta nova actividade de apoio ao sector audiovisual galego, en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e con asociacións e Concellos, que facilitan as proxeccións en diferentes espazos culturais. É a primeira vez que desde a institución provincial se aposta por unha iniciativa coma esta, que contribuirá á difusión e ao recoñecemento do cine feito no país”, expuxo Ferreiro.

A deputada de Cultura incidiu na aposta por “espallar as actividades culturais polos concellos e comarcas, para que o lugar de residencia non exclúa do acceso a unha cultura de calidade e con todas as garantías”.

Coira explicou que “a iniciativa concorda co obxectivo dos Mestre Mateo que, máis aló dunha gala na que destacar o traballo dunha obra ou duns creadores, pretenden ser un escaparate para o conxunto do audiovisual galego. Este ciclo permítenos dar a coñecer e poñer en valor o que se está a facer, especialmente nun ano coma este no que a pandemia condicionou a actividade nas salas comerciais”, engadiu.

COIRA DESTACA A “VITALIDADE” DO CINEMA GALEGO

O guionista lucense tamén reflexionou sobre a saúde do cinema galego que, dixo, “nestes últimos anos ten demostrado moita vitalidade no circuíto de salas, deixou de ser unha cousa chamativa, extraña, que houbese unha película galega en salas comerciais”.

“Desafortunademente, explicou, aconteceu o contrario coas salas de cinema, que foron desaparecendo das vilas e localidades e concentrándose nas capitais”. A este respecto, reivindicou as proxeccións en espazos culturais como alternativa para desfrutar do cine de forma colectiva, como complemento ao consumo individual ao que parece que estamos abocados”.

INSCRICIÓN

O ciclo de proxeccións arranca a vindeira semana en Foz. A Concellería de Xuventude, dirixida por Gema Méndez, colabora na organización dos pases, do 6 ao 9 de abril, ás 20.00 horas na Casa da Cultura.

6 de abril – Lúa Vermella
7 de abril – Arima
8 de abril – A illa das mentiras
9 de abril – Ons

A concelleira focense convidou “a reservar as entradas para as proxeccións, unha oportunidade única para desfrutar en Foz do mellor cine galego en pantalla grande. A entrada será gratuíta pero con reserva previa, para cumprir coas limitacións de capacidade e garantías sanitarias. As persoas que queiran asistir teñen que anotarse a través do teléfono 9821.33.037”, concretou.

Nos vindeiros días concretaranse as proxeccións en Vilalba e Chantada, prevista para o mes de maio.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Elena Candia valora o compromiso da Xunta con Lugo, pero critica a falta de proxectos do alcalde

A portavoz do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, valorou a reunión entre o...

Detida unha persoa e identificadas outras 31 nun dispositivo de inspección en locais de lecer en Lugo

Unha persoa foi detida e outras 31 identificadas no marco dun dispositivo de inspección...

Desatascar a praia fluvial e as obras da Rolda Este, compromisos acadados entre Xunta e Concello

A Xunta de Galicia e o Concello de Lugo alcanzaron compromisos, tras unha reunión conxunta mantida este martes,...

A Deputación de Lugo vende cinco parcelas en dous polígonos industriais da provincia

Cinco novas parcelas industriais foron adquiridas nos polígonos de Paradela e Begonte nunha operación...