InicioCulturaO ciclo cultural Muralla de Letras arrinca en Lugo para dar un...

O ciclo cultural Muralla de Letras arrinca en Lugo para dar un impulso ao sector do libro

Ledicia Costas, Suso de Toro ou María Lado e Lucía Aldao serán algunhas das autoras que pasarán ao longo desta fin de semana polo Vello Cárcere.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este venres 13 de decembro arrinca Muralla de Letras, un programa de actividades arredor dos libros e da lectura que se celebrará ao longo desta fin de semana no Centro Cultural do Vello Cárcere de Lugo. Un coloquio da escritora Ledicia Costas e un concerto de Magín Blanco abrirán hoxe este ciclo cultural, no que se darán cita importantes persoeiros do mundo das letras galegas.

Suso de Toro, Marica Campo, María Lado e Lucía Aldao, Pilar García Negro ou Luis López Alonso serán outras das autoras e autores que presentarán as súas últimas publicacións nunha charla co público. Muralla de Letras, organizada pola Vicepresidencia da Deputación, tamén traerá canda si outras actividades pensadas para os máis pequenos, como os concertos de Paco Nogueiras e Pakolas. Así mesmo, Anxo Moure, Raquel Queizás, Brais das Hortas ou o colectivo Polo Correo do Vento convidarán ás mais pequenas a ler a través de historias contadas.

Ademais, Muralla de Letras dará eco ao proxecto editorial lucense Ámboa, que aposta por publicacións que conectan a literatura galega e portuguesa, como xa explicaban as súas impulsoras nunha entrevista ao Lugo Xornal.

APOIO AO SECTOR DO LIBRO

Este ciclo de actividades é tamén “un chamamento a mercar libros nas nosas librarías habituais” nun momento complicado para o comercio de proximidade, segundo sinalou a vicepresidenta provincial, Maite Ferreiro.

“O confinamento e as limitacións de mobilidade  leváronnos a valorar máis a literatura, a música, o cine e a produción cultural, en xeral, porque estamos a recorrer a ela na busca de entretemento, coñecemento, respostas, conforto… Para que eses sectores se manteñan, é necesario contribuír a súa viabilidade”, argumentou.

+ posts

ÚLTIMAS

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na...

O PP reclamará na Deputación o arranxo da LU-P-1811 en Chantada

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán no vindeiro pleno que o goberno da...

Lugo aproba o seu novo organigrama cun aforro do 40% no gasto político

O Concello de Lugo acolleu este venres a sesión plenaria na que se aprobou...

A Deputación financia unha nova área de autocaravanas na Pastoriza

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na inauguración da...