InicioCulturaCine e creación audiovisual dende Lugo alén da pandemia

Cine e creación audiovisual dende Lugo alén da pandemia

Uns setenta participantes presentaron traballos para o certame Findecurta, impulsado polo Campus de Lugo (USC).

PUBLICADA O

- Advertisement -

O maratón audiovisual Findecurta, un certame audiovisual impulsado desde a Oficina de Cultura do campus de Lugo da USC ao abeiro do convenio Lugo Cultural, sorteou con éxito todas as limitacións derivadas da pandemia provocada polo coronavirus. Na súa quinta edición, participaron máis de 70 persoas, agrupadas en sete equipos que presentaron a concurso cadansúa proposta creativa.

Este certame está coordinado por Bruno Maez e, a través del, o Campus de Lugo da USC pretende dar resposta ás inquedanzas de novos creadores audiovisuais en galego, ademais de ofrecer unha plataforma para facer visible o seu traballo. Desta volta, salientaron o alto número de traballos presentados telematicamente.

Unha vez rematado o prazo de presentación das curtas, o xurado encargado de fallar os premios deste certame analizará os traballos. A candidatura mellor valorada farase cun premio en metálico de 500 euros, que se daría a coñecer nunha gala aberta ao público ao longo do mes de xullo.

Ademais do galardón en metálico que gratificará aos autores da curta premiada polo xurado, a proposta audiovisual seleccionada por parte do público tamén gozará da posibilidade de ser proxectada no marco da próxima edición da Semana Internacional de Cine de Autor, un certame promovido polo Grupo Cinematográfico Fonmiñá e no que os traballos da V Findecurta competirán polo Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega.

+ posts

ÚLTIMAS

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....