InicioA UlloaArrinca o Lugo Termal, no que esta vez poderán solicitar praza veciños...

Arrinca o Lugo Termal, no que esta vez poderán solicitar praza veciños maiores de 50

Os veciños e veciñas da provincia poderán solicitar praza, con estancia ou sen estancia, a partir de mañá.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou este martes a posta en
marcha do programa Lugo Termal, que este ano a institución, como unha das medidas do Plan de Impulso da Economía da Provincia, decidiu abrir a persoas maiores de 50 anos, e con acompañantes que non teñan necesariamente esta idade, “co obxectivo de aumentar o retorno económico desta iniciativa nos establecementos termais da provincia cando máis o necesitan, dado o impacto que supuxeron as restricións decretadas pola Covid”, subliñou o mandatario provincial.

José Tomé avanzou que a partir de mañá os veciños e veciñas da provincia poden solicitar algunha das 1.320 prazas (das que 1.000 serán na modalidade de estancia e 320 na modalidade sen estancia) que ofrece a Deputación a través do programa de termalismo, ou tamén, a partir das 00.00 horas, a través da páxina web da Deputación de Lugo.

O Presidente destacou que o programa Lugo Termal, que a Deputación de Lugo pon en
marcha por noveno ano consecutivo, “favorece o benestar social e a saúde, e, ao mesmo
tempo, dá un apoio directo aos balnearios cando máis o necesitan polo grave impacto da
pandemia na actividade destes negocios”.

“Lanzamos este programa, que ano tras ano ten moi boa acollida entre os veciños e veciñas da provincia, xusto neste momento de reapertura dos balnearios para contribuír no posible á recuperación sostible da súa actividade”, apuntou. A isto “axudará a ampliación do rango de idade de 55 a 50 anos e tamén a flexibilidade no uso dos bonos”, dixo o presidente da Deputación en relación a que este ano os bonos non se van condicionar a datas concretas, senón que o período será flexible para que se poidan aproveitar “ao máximo ao longo do ano”.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

Plataforma cidadá contra unha posible moción de censura en Lugo

A posibilidade de que o Partido Popular impulse unha moción de censura en Lugo...

O Goberno de Lugo acusa a Candia de perseguir “os seus intereses persoais” coa moción

A portavoz do PSOE no Goberno local de Lugo, Ana González Abelleira, cualificou de...