InicioComarca da FonsagradaUn parque eólico asturiano pode pór en risco especies animais en perigo...

Un parque eólico asturiano pode pór en risco especies animais en perigo de extinción en Lugo

A entidade Ecoloxistas en Acción súmase á protesta da Plataforma Veciñal Stop Eólicos Negueira contra a construción do parque eólico de Valvater na fronteira con Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ecoloxistas en Acción súmase ás protestas da Plataforma Veciñal Stop Eólicos Negueira para impedir a agresión ambiental que implicaría a construción dun parque eólico proxectado polo Principado de Asturias. O proxecto inclúe os concellos asturianos de Ibias, Allande, Grandas de Salime e Pesoz, que limitan co concello lucense de Nogueira de Muñiz.

O proxecto pode ter implicacións para Galicia, pois sitúase a 2 km da fronteira, afectando así a especies incluídas no catálogo galego como a aguia real, cuxo voo se estende pola zona. Dende a entidade ecoloxista apuntan que “o proxecto pode ter consecuencias negativas sobre o conxunto de animais da montaña lucense ao actuar como efecto limítrofe e fracturante do corredor ecolóxico cantábrico“, o que impide a recuperación de especies en perigo de extinción.

A zona prevista para a construción do parque eólico ten un alto valor ecolóxico e pertence á Rede Natura 2000, polo que os ecoloxistas advirten dos graves prexuízos sobre a biodiversidade da zona. O proxecto pode ter consecuencias negativas sobre diferentes especies como a pita do monte, en perigo crítico de extinción, ou oso pardo, tendo ambas plans de recuperación en Asturias.

Ademais, pode perigar a presenza doutras especies de escasa distribución como o Voitre do Exipto, o furapresas, o peto mediano ou especies de anfibios e réptiles como a largartixa da serra. Estas especies están incluídas no catálogo rexional de especies ameazadas de Asturias.

O voceiro de Ecoloxistas en Acción, Alberto Riveiro, solicita “amplitude de miras e ambición ambiental na defensa da biodiversidade non só ao goberno do Principado de Asturias, senón  tamén ao da Xunta de Galicia”, pois as especies en perigo de extinción “deben ter un apoio institucional non só protexendo o hábitat actual, senón protexendo tamén o hábitat da súa área de distribución para garantir unha recuperación real destas especies

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...