InicioSociedadeA Deputación de Lugo avanza no proxecto do polígono industrial da Fonsagrada

A Deputación de Lugo avanza no proxecto do polígono industrial da Fonsagrada

Dende a Diputación de Lugo afirman ter comprometidos preto de 600.000 euros para acometer as obras deste polígono industrial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz do goberno da Deputación de Lugo, a socialista Pilar García Porto, anunciou, tras a Xunta de Goberno, a aprobación dun convenio para a redacción do proxecto do polígono industrial no concello da Fonsagrada. Trátase dun convenio que subscribirán o presidente provincial e o alcalde, para sacar “a contratación os traballos de redacción deste proxecto, para o que se achegarán 35.750 euros desde a Deputación”, explicou.

Porto avanzou o “compromiso” do goberno provincial de Lugo cos concellos, “de máxima colaboración para sacar adiante servizos e infraestruturas necesarias e demandadas polos veciños”. Seguidamente lembrou que o ente provincial “xa ten comprometidos preto de 600.000 euros para acometer as obras deste polígono industrial“, ademais doutros 150.000 que consignará o propio Concello da Fonsagrada.

Na xunta de goberno tamén se aprobaba “o programa para a dotación e mellora de servizos comunitarios, que neste caso se trata dunha nova liña de axudas de concorrencia competitiva que conta cun orzamento de 300 mil euros, para entidades asociativas de toda a provincia co obxectivo de colaborar na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas, sobre todo os que están no rural”.

Esta “nova liña de subvencións” persegue “seguir reforzando a cooperación co tecido social e veciñal da provincia”, con axudas que oscilarán entre o mil e os 6.000 euros.

MUDANZA

Finalmente, o goberno provincial tamén acordou destinar máis de 41.000 euros para “a mudanza” dos servizos provinciais que se emprazarán no antigo Fogar de Santa María na Rolda da muralla. En agosto iniciaranse os traballos de mudanza e en dous meses confíase xa ter alí instalados os servizos de recadación, medio ambiente, asistencia aos concellos, formación e asistencia xurídica.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

Carmela López recibe os usuarios de AFAN Burela que participan en ‘Coñece a túa provincia’

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu a benvida este martes no...

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...