InicioSociedadeAs mulleres da Montaña denuncian ter que viaxar 80 km para realizar...

As mulleres da Montaña denuncian ter que viaxar 80 km para realizar controis xinecolóxicos

"As administracións deberían facilitar a vida das persoas que aínda vivimos no rural, e os nosos concellos, Negueira e A Fonsagrada, que non posúen as mellores vías de comunicación, carecen de moitos servizos", aseguran no escrito que pretenden mandar á Consellería xunto cunha recollida de firmas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A veciñanza da Fonsagrada e de Negueira de Muñiz vén de iniciar unha recollida de firmas coa intención de presentar perante a Consellería de Sanidade. Pretenden, a través dela, visibilizar os atrancos que sofren polo feito de vivir nas aldeas da Montaña: estas mulleres vense obrigadas a viaxar ata Becerreá ou Lugo para, por exemplo, recibir tratamentos de rehabilitación ou controis de enfermaría xinecolóxica.

“O desprazamento que temos que facer para recibir estes tratamentos supón en moitos casos máis de 80 quilómetros de ida e outros tantos de volta, o que leva consigo que a doenza que imos tratar se vexa agravada por este feito”, sinalan no escrito que han remitir á Xunta de Galicia.

Solicitan, daquela, que se facilite a atención sanitaria preto dos lugares onde viven: “Somos coñecedores de que noutros municipios reciben estes tratamentos no seu centro de saúde, que a distancia que teñen que recorrer é moito menor ca a nosa, e que ademais, poden facelo por autoestrada”, remarca a veciñanza.

Por iso, instan a parar o desmantelamento dos servizos sanitarios nas zonas rurais. “As administracións deberían facilitar a vida das persoas que aínda vivimos no rural, e os nosos concellos, Negueira e A Fonsagrada, que non posúen as mellores vías de comunicación, carecen de moitos servizos”. Xa que logo, demandan da xerencia do Sergas en Lugo e da Consellería de Sanidade a posibilidade de que se acheguen xeograficamente estes tratamentos rehabilitadores e os controis xinecolóxicos das mulleres.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...