InicioCulturaO Bierzo e Sanabria achegan novos galegofalantes

O Bierzo e Sanabria achegan novos galegofalantes

157 estudantes de 11 dos 19 centros adscritos ao Programa de Promoción da Lingua Galega no Bierzo e en Sanabria remataron a visita de estudos que os trouxo a Galicia. 1.101 alumnos estudan galego en Castela e León este curso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un grupo de 157 alumnos e alumnas, residentes nas comarcas galegofalantes do Bierzo e de Sanabria, acompañados de profesorado de 11 dos 19 centros adscritos ao Programa de Promoción da Lingua Galega no Bierzo e en Sanabria enmarcado no Protocolo Xeral de Colaboración entre a Xunta de Galicia e a Xunta de Castela e León remataron este venres a visita de estudos que os trouxo a Galicia para achegarse de primeira man á lingua e a cultura galegas.

secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiunos pola mañá no peirao de San Adrián de Cobres, onde embarcaron para coñecer a Illa de San Simón. García Gómez animounos a seguir estudando a lingua e a cultura de Galicia e tamén a falar galego nos seus respectivos lugares de orixe para contribuír a manter a lingua nestes territorios galegofalantes do exterior. Acompañounos a subdirectora xeral de Política Lingüística, Lourdes Batán.

O alumnado, que saíu onte de Ponferrada, tivo oportunidade de visitar Carril, a Illa da Cortegada e a Illa de San Simón; hoxe tamén visitaron a vila mariñeira de Baiona e, xa de camiño de volta, Vilanova de Arousa e Santiago de Compostela. Durante esta viaxe, tiveron oportunidade de participar en actividades deportivas e de lingua, charlas de sensibilización medioambiental, visitas guiadas e outras actividades culturais.

O Programa de promoción do galego no Bierzo e en Sanabria, iniciado no ano 2001, chega este ano aos 1.101 alumnos e alumnas con 19 centros adscritos: no caso dos centros de infantil e primaria, en León, CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos, CEIP San Ildefonso de Camponaraya, CRA de Carucedo, CRA Jimena Muñiz de Corullón, CEIP Compostilla de Ponferrada, CEIP Jesús Maestro de Ponferrada, CEIP Virgen del Carmen-La Placa de Ponferrada, CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada, CRA del Puente de Domingo Flórez, CEIP Mª Luisa Ucieda de Toral de los Vados, CEIP de Toral de Merayo, CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca e CRA Cubillos del Sil de León; e, en Zamora, CEIP Tuela-Bibey de Lubián. Canto aos centros de ensino secundario, o IES adscritos son o Bergidum Flavium de Cacabelos, o Padre Sarmiento de Vilafranca do Bierzo e os ponferradinos Europa e Virgen de la Encina. Por outra banda, na EOI de Ponferrada estudan galego este curso preto dun cento de alumnos e alumnas.

Ademais de en Castela e León, a Secretaría Xeral de Política Lingüística promove o galego nos estudos preuniversitarios no IE Cañada Blanch de Londres, nos institutos cataláns do proxecto Galauda e mais no Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires.

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo dá luz verde á mellora das estradas provinciais

A xunta de goberno da Deputación de Lugo deu luz verde a licitar, por...

Un xulgado de Lugo condena a Correos a recoñecer unha subida salarial denegado a unha empregada de baixa por maternidade

O xulgado do social número 1 de Lugo condenou a Correos e á Seguridade Social a...

A Audiencia de Lugo absolve por falta de probas a un acusado de agresión sexual á filla menor de idade da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu a un acusado dun delito continuado...

O Goberno inviste 25 millóns de euros para obras na A-6

O Consello de Ministros autorizou este martes a licitación por 25,17 millóns de euros...