InicioEconomíaA alternativa da A-6 abrirá o mércores e reducirá en 10Km o...

A alternativa da A-6 abrirá o mércores e reducirá en 10Km o desvío actual

O Delegado do Goberno en Galicia destaca que se abrirá antes do "Día de Galicia".

PUBLICADA O

- Advertisement -

 O delegado do Goberno, José Miñones, avanzou que a alternativa para reducir de 14 a 4 quilómetros o desvío habilitado polo derrube do viaduto da A-6, na conexión de Galicia coa Meseta, porase en marcha este mesmo mércores.

Esta solución é a que o Ministerio de Transportes traslada este martes ás comunidades de Galicia e Castela e León, a cal se suma a unha alternativa para o transporte pesado que está previsto que se poña en marcha no outono e que, en esencial, ten previsto habilitar “xanelas nocturnas”.

En declaracións aos medios en Santiago, Miñones celebrou que a posta en marcha desta alternativa faise “en tempo récord” e antes do previsto, o cal permite ter operativa esta solución “antes do Día de Galicia”.

Pola súa banda, tamén en declaracións aos medios, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, reclamou unha “solución provisional completa”, elimando o tráfico por Pedrafita –a día de hoxe circulan 10.000 vehículos, a “maioría” pesado–, xunto que se permita a circulación de trnasportes especiais, porque están “en risco” preto de 4.000 empregos.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...