InicioAncaresConfirmada a pena de 12 anos para o frade do Cebreiro por...

Confirmada a pena de 12 anos para o frade do Cebreiro por abusos sexuais continuados a dous rapaces

Unha das vítimas é unha moza de 16 anos e, a outra, un mozo de 20 anos con discapacidade intelectual leve.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tribunal Supremo ratificou a pena de 12 anos de prisión a un frade franciscano, que realizaba o seu labor en O Cebreiro, por abuso sexual continuado a unha moza de 16 anos e a outro mozo de 20 anos, familiar da anterior e que presentaba discapacidade intelectual leve.

A sala II do Supremo confirmou, así, a sentenza da Audiencia Provincial de Lugo e desestimou integramente os recursos presentado polo relixioso contra o fallo emitido hai máis de dous anos, en concreto o 25 de abril de 2019. Os feitos ocorreron entre finais de 2014 e principios de 2015, nunha casa propiedade da familia do acusado e tamén na sancristía do santuario de O Cebreiro.

O fallo da Audiencia Provincial ratificou no seu día que o frade coñeceu á menor en 2014 e contactou con ela a través das redes sociais, “gañándose aos poucos a confianza da mesma” ata que en setembro dese ano conseguiu que lle acompañase a unha casa da Pobra de Trives coa crenza de que a contrataba para facer tarefas domésticas.

Con todo, nesa casa aproveitouse da súa superioridade para facerlle tocamentos cando se atopaba durmindo. En datas posteriores, o agora condenado volveu contactar coa menor, coa que mantivo relacións sexuais en repetidas ocasións en sitios como a sancristía do santuario de O Cebreiro, e á que entregou diñeiro.

Posteriormente, conseguiu que a menor levara a un primo seu cunha minusvalía psíquica do corenta por cento á casa de Trives. Alí, o frade obrigounos a realizar actos sexuais e ao día seguinte deulles diñeiro para que “calara a boca” e “non dixese nada a ninguén”.

O Supremo ratificou delito continuado de abusos sexuais con prevalimento (á menor de idade), de abuso sexual ao novo, e de utilización de menor de idade para elaborar material fotográfico, xa que sacou diversas fotos espida da moza da que abusaba.

+ posts

ÚLTIMAS

Castro Carballedo non falta á súa cita coa carne ao caldeiro

A Feira da Carne ao Caldeiro e Produtos Locais chega este ano á súa XXIII edición...

O BNG reclama ao Goberno central apoio ao Museo da Romanización en Lugo e a inclusión do Cuartel de San Fernando no 2% Cultural

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

A Festa do Queixo de San Simón chega á súa XXX edición

Ao longo da fin de semana haberá moita oferta musical, contando coa animación das...

“Desde o rural e a identidade constrúese provincia”, di a presidenta da Deputación de Lugo

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, destacou Pedrafita do Cebreiro como exemplo...