InicioCulturaPedrafita homenaxea a Elías Valiña no trinta aniversario do seu falecemento

Pedrafita homenaxea a Elías Valiña no trinta aniversario do seu falecemento

Lles Amis du Chemin de Saint Xaques Pyrennes Atlantiques e a Asociación Xacobea de Almería Camiño Mozárabe, premios Elías Valiña 2019.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O municipio lugués de Pedrafita acolleu este mércores un acto de homenaxe a Elías Valiña, coñecido como o ‘cura do Cebreiro’, de cuxo falecemento se cumpren 30 anos.

O acto, no que se deron a coñecer os gañadores do Premio Elías Valiña 2019, contou coa participación do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o alcalde da localidade, José Luís Raposo, e o biógrafo do párroco, o xornalista Luís Celeiro, entre outros.

Os galardoados este ano co premio en honra a un dos recoñecidos como maiores benefectores e promotores do Camiño de Santiago son Lles Amis du Chemin de Saint Xaques Pyrennes Atlantiques e a Asociación Xacobea de Almería Camiño Mozárabe. Ademais, Antolín de Cela Pérez tamén recibiu unha mención especial “pola súa contribución ao fomento dos valores do Camiño“, segundo informa a Consellería de Santiago.

“Valiña resultou un actor principal na recuperación dunhas rutas e dunha tradición xacobea coa que gañar o futuro”, incidiu Rodríguez durante a súa intervención, na que repasou a figura do ‘cura do Cebreiro’. Así, destacou a Valiña como “un exemplo dos bos e xenerosos” que cos seus actos “fortalecen e consolidan os valores” da sociedade.

Os asistentes ao acto, entre os que se atopaban familiares do párroco, realizaron unha ofrenda ante a tumba de Elías Valiña, onde depositaron un centro de flores amarelas con forma de sinal como as que indican as rutas do Camiño de Santiago.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...