InicioSucesosTrinta estradas en alerta por xeo e neve na Montaña lucense

Trinta estradas en alerta por xeo e neve na Montaña lucense

A Deputación mantén despregado o dispositivo de asistencia viaria municipal nos concellos da Montaña para facilitar a circulación en condicións de neve

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo mantén despregado o dispositivo de inverno que traballa no acondicionamento de estradas de dez concellos da Montaña pola presenza de placas de xeo e acumulación de neve.

Nun comunicado, o executivo provincial informou de que os operativos traballan nas estradas nas zonas de Ancares, A Fonsagrada e O Courel. O seu labor consiste en desfacer as placas de xeo e retirar as capas de neve -de ata cinco centímetros- para “garantir a seguridade dos usuarios das vías”.

Hai afectadas trinta de estradas repartidas por Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Quiroga, Ribas de Sil e Samos.

  • Cervantes: LU-P- 1401 “da LU-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial”; 1404 “De San Román a Quindós”; 1405 “de Campa da Braña a Tres Bispos”; 1411 “de Vilanova ao Portelo”; 1412 “de Quindós a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos”, LU-P-0702. 
  • A Fonsagrada: LU-P-3601 “de Acebo a Negueira de Muñiz”; LU-P-1906 “de Pedrafitelas por Vilares a Os Cangos”; LU-P-3601 “de Acebo a Negueira de Muñiz”; LU-P-1901 “De Fonsagrada a Navia”; LU-P-4606, LU-P-4811. 
  • Navia de Suarna: LU-P-3501“de Paradela ao Alto do Restelo”; LU-P-3502 “de Muñís a Rao”, LU-P-3508 “De Rao por Murias a Balouta”; LU-P-3505 “de Navia por Silvouta”, LU-P-3509 “de Navia ao alto de Labiadas”. 
  • Negueira de Muñiz: LU-P-3601 “de Acebo a Negueira de Muñiz, LU-P-3602 “de Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias”. 
  • Pedrafita do Cebreiro: LU-P-4504 “de Pedrafita ao Portelo”, 4503 “de San Pedro por Busnullán a Nullán”, 4505 “de Louzarela por Queixadoiro a Filloval”. 
  • As Nogais: LU-P-3701 “de As Nogais, por Pintinidoira á LU-P-4504”; LU-P-4503 “de San Pedro, por Busnullan e Vilasol a Nullan”; LU-P-0707 e LU-P-3702.

A Deputación recordou que “ofrece asistencia viaria municipal a todos os concellos” e que o fai “de modo totalmente gratuíto”, unha prestación “que non ofrecen o resto das administracións” e que “é moi necesaria para as entidades locais, debido á súa falta de medios”. Máis información sobre os concellos do sur no Xornal de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...