InicioAncaresBecerreáActividades medioambientais e gratuítas na reserva dos Ancares

Actividades medioambientais e gratuítas na reserva dos Ancares

Programación de actividades para un cento de participantes de todas as idades que organiza o Goberno da Deputación de Lugo para o segundo trimestre do 2018 na Reserva dos Ancares

PUBLICADA O

- Advertisement -

Comezou o prazo de solicitude para participar na nova programación de actividades medioambientais, gratuítas e para persoas de todas as idades, que o Goberno da Deputación ofrece para o segundo trimestre do 2018 na Reserva dos Ancares Lucenses.

Son 4 iniciativas, concretamente un campamento urbano, unha sesión sobre o aproveitamento da produción complementaria do monte, como arandos ou cogomelos, a elaboración de cervexa artesá e obradoiros de plantas medicinais e aromáticas en produción ecolóxica, cun total de 109 prazas.

Navia de Suarna- Escola da Barcia

– 25 de abril, dende ás 9:00 a 15:00 horas, e o día 2 de maio, dende ás 10:00 a 14:00 horas, curso sobre a Elaboración de cervexa artesá. Nº de participantes: 24.

-23 de maio, dende ás 16:00 a 20:00 horas, Obradoiro de plantas medicinais e aromáticas en produción ecolóxica. Nº de participantes: 20.

Cervantes- Salón de Edificio usos Múltiples

– O 23 de maio de 16:00 a 18:00 horas, Charla sobre o aproveitamento da produción complementaria do monte, como por exemplo, arándonos, cogomelos ou froitos silvestres. Nº de participantes: 40.

Becerreá- Centro de Servizos Sociais (Praza da Feira da Vella)

– Os días 25, 26, 27, 28 e 29 de xuño de 10:00 a 14:00 horas, Campamento urbano 2018. Nº de participantes: 25. Actividade infantil.

Para realizar a inscrición pode premer nesta ligazón.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe no Senado máis seguridade e mantemento para a rede ferroviaria da provincia

Os senadores do PP de Lugo instaron ao Goberno central a explicar que medidas...

A Deputación demanda a defensa dos intereses dos gandeiros ante o acordo con Mercosur

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo acordou este martes esixir á Xunta de...

A Xunta cancela definitivamente o parque eólico Fonseca tras máis de vinte anos de tramitación

A Xunta revogou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do...

O río Miño desbordado xa en Lugo e Begonte

O Centro de Control de Conca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informou este martes...