InicioSucesosReclaman 28 anos de cadea para o acusado de asasinar á muller...

Reclaman 28 anos de cadea para o acusado de asasinar á muller en Becerreá

O Xulgado de Instrución de Becerreá decreta a apertura de xuízo oral contra o home que supostamente matou á muller en presenza dos fillos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Becerreá decretou a apertura de xuízo oral para o presunto autor do asasinato da muller en 2016. A instrutora do caso concluíu a investigación e ratificou a prisión provisional do acusado, a quen requeriu 245.500 euros de fianza para afrontar as posibles indemnizacións. A Fiscalía reclama que sexa condenado a 28 anos de cadea polos delitos de asasinato, ameazas e malos tratos.

O individuo será xulgado por supostamente disparar e acabar coa vida da muller, de 40 anos, en presenza dos dous fillos menores da falecida, un dos cales resultou ferido. O auto redactado pola titular do Xulgado de Instrución de Becerreá indica que a vítima acudiu en compañía dos cativos á casa familiar para tratar a inminente separación. Sen previo aviso, o suposto autor dos feitos apareceu por sorpresa cunha escopeta, disparando polas costas á dona.

As acusacións precisan que o sospeitoso tiña “intactas as súas facultades para comprender os seus actos e a vontade para decidirse a executalos”, incluída a presenza do rapaz que resultou ferido.

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

O Club de Loita Lugo recibe 10.000 euros da Xunta para reforzar equipamentos

A Xunta achegou 10.000 euros ao Club de Loita Lugo para adquirir unha furgoneta,...

Tiros e un ferido de bala na perna nunha liorta entre dous clans en Lugo

Un home resultou ferido nunha perna cun impacto de bala no marco dunha liorta...