Home Ancares Becerreá Un quinto premio deixa un petisco de sorte en Castro e Becerreá

Un quinto premio deixa un petisco de sorte en Castro e Becerreá

0
Un quinto premio deixa un petisco de sorte en Castro e Becerreá
Unha das nenas de San Ildefonso durante o Sorteo da Lotaría de Nadal neste 2020 | Eduardo Parra - EP

Dous boletos do número 86.986, agraciado cun dos quintos premios no Sorteo Extraordinario de Nadal da Lotería Nacional, deixaron 12.000 euros en premios nas localidades de Becerreá e Castro de Ribeiras do Lea, no municipio de Castro de Rei.

En concreto, en Castro,  o décimo premiado con 6.000 euros foi vendido en Casa Carreira, no número 4 da Praza García Abad.  En Becerreá, foi o Café Bar O Noso onde caeu a sorte con outros 6.000 euros. O establecemento está situado na rúa Carlos III, número 37-39.

Este número, o 86.986, caeu bastante repartido e deixou fortuna nunha morea de localidades galegas.

A FABA DE OURO DE LOURENZÁ

Outro quinto premio, o do 19.371, tamén caeu na provincia de Lugo. Foi na Administración nº1 de Lourenzá, A Faba de Ouro, que repartiu 60.000 euros.

Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here