InicioTerra CháBegonteO Sergas realizará PCR a uns 150 traballadores tras seis positivos confirmados...

O Sergas realizará PCR a uns 150 traballadores tras seis positivos confirmados en Castro de Rei

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) prevé realizar este mércores probas a uns 150 traballadores en relación co brote de COVID-19 con seis casos viculados cun xornaleiro no municipio de Castro de Rei.

Así o informaron fontes da área sanitaria de Lugo, que ratificaron que ata a tarde deste martes detectáronse seis positivos e medio centenar de persoas estaban en corentena. Desde este mércores o Sergas vai facer as probas a “todos os traballadores da empresa”, ratificaron as mesmas fontes, “uns 150 máis” dos que xa se fixeron ata a data.

O cribado estenderase, deste xeito, a toda a empresa, sexan ou non contactos dos positivos “para garantir a seguridade”, subliñaron as mesmas fontes. As persoas que deron positivo son xornaleiros que traballan na campaña da fresa nos municipios lucenses de Cospeito, Castro e Begonte, moitos deles de nacionalidade senegalesa.

O edificio onde se aloxan estas persoas con positivo en Castro Ribeiras de Lea atópase en corentena, segundo confirmaron por parte do Concello de Castro de Rei.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...