InicioSociedadeSuben os casos activos na área luguesa con 12 novos contaxios

Suben os casos activos na área luguesa con 12 novos contaxios

Os casos de coronavirus detectados nas últimas 24 horas en Galicia ascenderon a 267, o que supón que se detectaron 45 máis que na xornada anterior.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo anota 12 novos casos por COVID-19. Isto dá un número total de 642 persoas contaxiadas.

Os casos de coronavirus detectados nas últimas 24 horas en Galicia ascenderon a 267, o que supón que se detectaron 45 máis que na xornada anterior. Ademais, a cifra de vítimas mortais subiu nun, a 727, tras o falecemento, xa comunicado este venres, dun home de 65 anos no Hospital Lucus Augusti (HULA) de Lugo.

Do total de 316 anciáns en centros de maiores que permanecen infectados de coronavirus na Comunidade galega, 131 están concentrados na DomusVi Lugo, en Outeiro de Rei. Tamén conta cunimportante grupo de maiores con COVID a residencia do Incio, con 57 usuarios contaxiados.

ESCOLAS INFANTÍS

Na área de Lugo, na última xornada subiron en oito os positivos rexistrados, ata 33, tras sumarse ao listado cinco centros educativos de Lugo –CPI Anexa, IES Lucus Augusti, IES Ánxel Fole, CEIP Menéndez Pelayo e CPR Galén–, un en Outeiro de Rei –CEIP Laverde Ruiz– e outro en Vilalba –CEIP Manuel Mato Vizoso–, todos eles cun caso cada un.

Con todo, as unidades clausuradas en Lugo baixan nun, ata o total de tres, despois da reapertura dunha no CEPR Plurilingüe San José.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...