InicioSociedadeUnha serie do 43.831 trae 60.000 euros á capital lucense

Unha serie do 43.831 trae 60.000 euros á capital lucense

Os décimos foron vendidos 'Loterías Lor', nas galerías da praza de Santo Domingo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Unha serie completa do número 43.831, agraciado cun dos quintos premios do Sorteo Extraordinario de Nadal, deixou 60.000 euros entre os clientes dunha administración da capital lucense.

En concreto foi en ‘Loterías Lor’, a Administración de Lotarías nº2 de Lugo, situada nas Gallerías Villamor da praza de Santo Domingo.

En concreto, foron vendidos dez décimos, premiados cada un deles con 6.000 euros. Segundo informaron desde a propia administración, ese número foi vendido “décimo a décimo” no portelo.

OUTROS QUINTOS

Na provincia de Lugo tamén caeron outros dous quintos premios, que deixaron un petisco en Castro e Becerreá (6.000 euros en cada localidade) e mais en Lourenzá (outros 60.000 euros ao venderse unha serie completa).

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...