InicioCulturaO Queixo do Cebreiro terá promoción no Camiño Francés

O Queixo do Cebreiro terá promoción no Camiño Francés

A Consellería do Medio Rural e a Denominación de Orixe O Cebreiro traballarán man a man para promocionar este queixo ao longo do Camiño de Santiago

PUBLICADA O

- Advertisement -

A reunión mantida entre a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, cos representantes do Consello Regulador do Queixo do Cebreiro serviu valorar posibles liñas de colaboración na promoción desta Denominación de Orixe. Nesta reunión decidiuse traballar conxuntamente para a promoción deste queixo ao longo do Camiño de Santiago.

Os produtores destes queixo da provincia de Lugo pretende aproveitar o paso da Ruta Xacobea polo concello de Pedrafita para mostrar aos peregrinos as delicias do Cebreiro. Neste sentido, Do Campo comprometeu a colaboración da consellería para dar a coñecer esta denominación de orixe propia da montaña luguesa.

A área de produción deste queixo está situada ao leste da provincia de Lugo e abrangue os concellos de Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Folgoso do Caurel, A Fonsagrada, Láncara, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela. Falamos polo tanto da zona de entrada a Galicia da principal ruta de peregrinaxe a Compostela, o Camiño francés, que é o que agora se pretende explotar.

Así mesmo, nesta cita analizaron a evolución deste selo regulador posto en marcha en 1999 e que no 2017 chegou a producir unhas 74.000 pezas. De cara a 2018 o seu obxectivo será reforzar a súa imaxe e distinguila daqueles produtores que non están inscritos na DO. Porque a calidade e a orixe do produto só están garantidos naqueles casos en que o queixo estea identificado co distintivo oficial.

Este encontro forma parte das reunións que vén mantendo a directora xeral con todos os consellos reguladores de cara a coñecer as súas necesidades e os proxectos que queiran desenvolver no presente exercicio para favorecer as súas respectivas producións.

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...

O BNG insiste en que o Goberno actúe ante as continuas inundacións en Begonte

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, volverá levar ao Congreso a denuncia...