InicioMedioambiente e PatrimonioAs Nogais reivindica a Vía Künig a través da sinalización turística

As Nogais reivindica a Vía Künig a través da sinalización turística

O concello ancarés, que auspicia o estudo desta variante do Camiño Francés, enxalza a importancia da zona para a comunicación coa meseta

PUBLICADA O

- Advertisement -

As Nogais, terra de camiños. En cinco palabras, a vila ancaresa sintetiza o crucial papel que xogou na comunicación coa meseta, e que plasma na nova cartelería informativa instalada nos puntos senlleiros do municipio. No resumo histórico, a Vía Künig aparece como nexo entre o herdo romano da Vía XIX e o moderno Camiño Real de Carlos III.

Esta reivindicación coincide co curso dunha traballosa investigación acerca da Vía Künig, variante do Camiño Francés que vira en Pedrafita para dirixirse a Lugo a través de As Nogais, Becerreá, Baralla e O Corgo. Tal ruta de peregrinaxe fora avalada pola Xunta de Galicia en tempos de Manuel Fraga, mais na actualidade atopa a oposición da Mancomunidade do Camiño Francés e a Sociedade de Xestión do Xacobeo.

O goberno galego consideraría a incorporación de outras variantes no trazado oficial de contaren con “base histórica e cultural”, en palabras do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez. No entanto, As Nogais dá o primeiro paso para normalizar a Vía Künig, que conta cun contundente respaldo documental, e explicar os pormenores do camiño que seguiu o monxe alemán homónimo no século XV, e que quedou rexistrado en forma de guía.

Xunto coa nova sinalización turística, o Concello das Nogais instalou con axuda da Xunta un mirador e iluminación nocturna na Torre de Doncos. Na actualidade, o consistorio tenta acadar respaldo legal para inscribir no patrimonio municipal a fortaleza, para acometer deste xeito a rehabilitación da mesma.

Por outra banda, a Xunta de Galicia saca a licitación obras por importe de 675.000 euros para mellorar a seguridade e a estética do Camiño Francés naqueles puntos nos que se atopa coa LU-633, entre os municipios de Pedrafita do Cebreiro e Portomarín.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...