InicioMedioambiente e PatrimonioO patrimonio cultural e histórico de Lugo central en cinco itinerarios

O patrimonio cultural e histórico de Lugo central en cinco itinerarios

Proposta de roteiros asociados aos valores do patrimonio histórico lucense do Instituto de Estudos do Territorio e a Fundación Galicia Sustentable

PUBLICADA O

- Advertisement -

As Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia establecen, entre outras prerrogativas, que o goberno autonómico debe artellar unha rede de itinerarios de interese paisaxístico, ambiental, cultural e patrimonial. Este sistema integrado debe valorizar e preservar os activos singulares, tamén os agrarios e ecolóxicos.

En consecuencia, o Instituto de Estudos do Territorio (IET) da Consellería de Medio Ambiente e a Fundación Galicia Sustentable completaron a proposta para esta rede de itinerarios, enmarcada na Estratexia de Paisaxe Galega para o período 2017-2020. Devendita proposta baséase no emprego de recursos técnicos e aproveita a rede viaria e de sendeiros existente.

Con 4.479 quilómetros de percorridos, a rede diríxese tanto a poboación residente como á visitante, e abrangue a totalidade do territorio de Galicia, en toda a súa diversidade. As sendas reflicten as conectividades dun territorio “fortemente antropizado como é o galego”; neste senso, “sendas e camiños son parte do artellamento territorial e, polo tanto, social”.

A proposta consta de catro apartados. Entre eles están presentes a Senda dos Faros e os Escenarios ao Volante. Os outros dous están distribuídos entre aqueles asociados a valores naturais, e os referentes de valores culturais e patrimoniais.

Desta vez, toca abordar as paisaxes vencellados con valores culturais, artísticos, etnográficos e mesmo produtivos. Mais, ante todo, lugares asociados a lendas e mitoloxía, a acontecementos históricos, festas e tradicións, xacementos arqueolóxicos, monumentos e edificios de sona.

Santalla de Bóveda

Bóveda de Mera, na parte rural do concello de Lugo, é unha idílica aldea tradicional entre prados e carballeiras. O pequeno núcleo ten a súa razón de ser no conxunto patrimonial de Santalla de Bóveda, composto pola igrexa parroquial de Santa Eulalia e o santuario romano de Santalla.

O templo tardorromano data dos séculos II a IV.  Disponse semi-soterrado e gárdanse moitas incógnitas sobre a súa orixe e motivación. Dividido en tres naves, a presenza de auga nun estanque interior levou a diversas teorías sobre as funcións da edificación.

Santalla de Bóveda | Turismo de Galicia
Santalla de Bóveda | Turismo de Galicia

A súa singularidade levou a que fose declarado Monumento nacional en 1931 e Ben de interese cultural en 1985. O percorrido toma como base Santalla de Bóveda, transitando polo Castro de Bóveda e polas aldeas de Cabanas, Bacurín e Portafontao, atravesando unha coidada paisaxe sustentada na actividade gandeira.

Lugo

Lugo é, esencialmente, a cidade da muralla, símbolo e legado da orixe romana da urbe. A cidade foi fundada por Fabio Máximo no ano 25 a.C. nun outeiro sobre o río Miño, recibindo o nome de Lucus Augusti.

Muralla fortificada da época imperial romana, data da segunda metade do século II e foi inalizada cara ao ano 325, sendo a única ediicación do seu tipo que conserva íntegramente o seu perímetro orixinal, unha elipse que supera os 2.220 metros de lonxitude, sendo ademais estes transitable de modo peonil. A muralla tivo 85 torres pero só se conserva a torre da Mosqueira. Ten a distinción de Monumento Nacional dende 1921 e é Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende o ano 2000.

O núcleo histórico da cidade consérvase intramuros, destacando a Catedral de Santa María (románica do século XII con reformas posteriores) e diversas prazas (Maior, Campo, Santa María). A senda permite un percorrido polos puntos emblemáticos da cidade, tendo sempre como referencia a propia muralla.

Alemparte

Rodeiro é un concello gandeiro que se asenta nos vales previos á serra do Faro. As súas texturas suaves de prados e carballeiras coniguran unha paisaxe de calidade ben conservada e propia da Galicia central. Dende o punto de vista do patrimonio cultural, Rodeiro e Antas de Ulla contan con numerosos vestixios materiais de diversas épocas, tendo especial relevancia o patrimonio arqueolóxico.

A senda comeza en Alemparte, tendo xa no inicio os conxuntos tumulares de Coto dos Mouros e Monte da Laxe. O tránsito a Antas de Ulla leva por Salto e Calque, aldeas tradicionais con coidadas terras de labor. Chegando á Agüela sitúanse a Mámoa do Cibreiro e o Marco da Mámoa.

A subida á contorna de Casilmoure leva ao encontro co gran complexo patrimonial do itinerario, as Mámoas de Monte Amoexa. De volta a Alemparte atópanse os conxuntos das Mámoas de Cantelle e das Medorras do Alto do Corno, entrando de novo en Rodeiro e afrontando o tramo inal do percorrido.

Val de Tores | Concello de As Nogais
Val de Tores | Concello de As Nogais

Hórreos de Doncos

Itinerario pola parroquia de Doncos (As Nogais) percorrendo os diversos barrios da aldea como Cima de Vila, Ferraría da Grupa ou Xirigados na procura dos tradicionais hórreos ancareses.

As diversas tipoloxías dos hórreos galegos teñen nas serras orientais lucenses un subtipo propio con planta circular elevada sobre catro pés e cubertas de colmo (palla de centeo e trigo utilizada tamén nas pallozas). En Doncos consérvanse sete grandes hórreos, dispersos polas diferentes airas da aldea.

A senda leva tamén ao interesante conxunto relixioso formado pola igrexa de Santiago, a casa reitoral e o cruceiro. A entrada da aldea está presidida polo señorial Pazo de Doncos de estilo neoclásico decimonónico, contando con gran hórreo e pombal.

O Cereixal

Longo percorrido que atravesa paisaxes de montaña e media montaña polas serras de Furco, Calamouco e Restelo. A senda ten como punto de inicio O Cereixal, núcleo de interesante arquitectura civil como a Casa de Valcárcel, a Casa de Neira e a vella Escola coa súa fonte.

Saíndo do Cereixal, a subida ao monte Castiñeira achéganos á medorra dos Magorzos, primeiro xacemento arqueolóxico dos moitos que acompañan ao percorrido: Couso das Cabanas, Chao do Marco ou Monte da Cruz.

O destino inal da senda é a contorna do Alto do Restelo, onde se localiza a gran necrópole megalítica da Anta das Penas. Neste complexo funerario neolítico destacan as Mámoas das Ferreirúas, conxunto de cinco mámoas preto da aldea do mesmo nome.

ÚLTIMAS

Un informe de Adega revela os datos reais de emisións e verteduras que Altri pretende ocultar

Un informe de Adega sinala que Altri oculta emisións no seu estudo de impacto ambiental e...

A Deputación presenta un plan invernal para estradas con 420 toneladas de sal e 112 traballadores

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este mércores en Pedrafita...

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...