InicioAncaresArias anima a coñecer o xeodestino Ancares-Terras de Burón en Fitur

Arias anima a coñecer o xeodestino Ancares-Terras de Burón en Fitur

Fíxoo o pasado xoves 19 de xaneiro nunha intervención que tivo na Feira Internacional de Turismo que se celebrou estes días en Madrid.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Javier Arias interviu na presentación da campaña Ecoturismo na Montaña de Lugo, centrada neste xeodestino, que organizou no expositor de Galicia o GDR Montes e Vales Orientais. “A natureza e a paisaxe abandeiran a oferta turística desta zona, con grande potencial para crecer como un referente do ecoturismo de calidade, sostible e responsable co coidado do inmenso patrimonio natural e cultural que atesoura”, apuntou.

O delegado puxo en valor a importancia dos xeodestinos como símbolos da unión entre concellos para potenciar o turismo, un labor no que contan co impulso da Xunta, que achegou 30.000 euros ao GDR Montes e Vales Orientais a través dun convenio de colaboración para desenvolver produtos e accións promocionais arredor deste destino.

“O Goberno galego aposta por todas aquelas iniciativas que contribúen a enxalzar os valores diferenciais deste singular territorio”, incidiu Arias.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...