InicioEconomíaDenuncian que a Xunta retirou case 23 millóns de pagos a...

Denuncian que a Xunta retirou case 23 millóns de pagos a zonas desfavorecidas de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, puxo en dúbida as intencións da Xunta de Galicia de combater o déficit demográfico e o despoboamento do rural despois de que o Goberno galego reformulara as axudas da Unión Europa ás zonas desfavorecidas e ás zonas de montaña.

Esta “reprogramación”, explicou o sindicato, de case a metade de 1.170 millóns de euros, só se executou o 54 por cento desde 2014 ata 2020, súmase á supresión do paritorio de Verín, feitos que, denunciou UU.AA., “non” axudan a mitigar o despoboamento do rural.

Na provincia de Lugo, a máis afectada, o responsable de Desenvolvemento Rural de Unións Agrarias, Jacobo Feijoo, puntualizou que neste documento de reprogramación, que xa remitiu a Xunta a Bruxelas, “é que se retiran 22,8 millóns de euros dos pagos a zonas desfavorecidas, sobre todo en zonas de montaña, que en Lugo suporían un recorte de máis de 13 millóns de euros que terían que cobrar estas explotacións antes do 31 de decembro de 2020 e que non van cobrar”. Toda a información no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...