InicioPolíticaTaboada di trala sentenza do Supremo que "meditará" volver presentarse co Partido...

Taboada di trala sentenza do Supremo que “meditará” volver presentarse co Partido Popular

O rexedor de Palas, absolto oito anos despois dos delitos de prevaricación e acoso, non descarta presentarse nos vindeiros comicios municipais

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sentenza absolutoria do Tribunal Supremo despexa o camiño político de Pablo Taboada, alcalde de Palas de Rei. O rexedor do concello da Ulloa fora condenado pola Audiencia Provincial de Lugo a nove anos de inhabilitación e quince meses de cadea por prevaricación e acoso laboral, nun proceso que comezara en 2011 e que o obrigou a deixar as filas do Partido Popular. Neste intre, non descarta volver a presentarse e retornar á formación.

Taboada “non pensa agora” nas municipais. Tampouco en volver ao partido, mais non descarta estas opcións. O fallo do alto tribunal, que eximiu asemade o seu predecesor e outros sete cargos públicos, permítelle “polo menos respirar tranquilo”. Cualificou a sentenza de “demoledora” e asegurou que aclara que “non houbo acoso, senón unha tensa relación” coa denunciante, a entón secretaria municipal.

Recoñece o presidente da corporación de Palas que a causa xudicial xerou un “grandísimo” dano político e persoal. “Fomos practicamente demonizados por moitísima xente, inxustamente. Non lle desexo a ninguén que sexa vítima dunha denuncia falsa”. Por iso, asegura que agardará varias semanas para “meditar” que facer no futuro. Taboada di que “no que menos” pensa é se regresar ao Partido Popular, sobre o que non ten “nada que dicir”.

A acusación contra o alcalde de Palas di que a sentenza xera impunidade

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...