InicioSociedadeO Supremo absolve ao alcalde de Palas de acoso laboral e prevaricación

O Supremo absolve ao alcalde de Palas de acoso laboral e prevaricación

O fallo do TS anula a condena imposta pola Audiencia de Lugo contra o alcalde de Palas, Pablo Taboada, o seu predecesor e outros sete acusados

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tribunal Supremo exculpa ao alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, da comisión de dous delitos de acoso laboral e prevaricación denunciados en 2011. O fallo do alto tribunal anula a sentencia ditada pola Audiencia Provincial de Lugo contra o actual rexedor, o seu predecesor e outros sete encausados.

A Sala Segunda estimou o recurso dos nove acusados por vulneración da presunción de inocencia, absolvéndoos dos delitos polos que foran xulgados, e mantendo a absolución doutras dúas persoas que xa resultaran absoltas pola Audiencia de Lugo. A pena para o alcalde de Palas ascendía a nove anos de inhabilitación e quince meses de cadea a raíz da denuncia presentada pola secretaria municipal, por supostamente acosar durante anos e destituír de xeito ilícito á funcionaria.

O Supremo entende que non se cumpren os requisitos para probar o acoso laboral que sinala o xulgado provincial, e que afectaba tanto ao rexedor Pablo Taboada como ao exalcalde Fernando Pensado, que pertenceron á mesma formación. A sentencia indica que unicamente se limitaron a “convocar comidas de irmandade co obxecto de suavizar a situación de fricción laboral”.

En relación aos outros tres acusados por este delito, o alto tribunal estabelece que non poden ser xulgados por acoso por seren “inferiores xerárquicos” da funcionaria denunciante. A Sala agrega que os demais aspectos probados carecen da entidade que require o tipo penal de acoso, que debe consistir en actos hostís e vexatorios, reiterados e graves. “E non se pode deducir máis ca unha situación laboral tensa da que todos os implicados son responsables”.

No que respecta ao delito de prevaricación administrativa, o fallo considera que non se actuou con conciencia de estar dictando ou acordando unha resolución arbitraria. Neste caso, na sanción que acorda o pleno de Palas –a destitución da secretaria municipal– non consta a advertencia de ilegalidade do secretario, existindo por outra banda un informe favorable do Director Xeral da Administración Local da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa a PSOE e BNG de apostar pola privatización nas residencias de Lugo

O PPdeG acusa a PSOE e BNG dun "modelo privatizador" nas residencias da provincia...

Condenada por trapichear con dous gramos de cocaína en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano e medio de cárcere a...

Detidos os dous membros dunha parella por agredirse mutuamente en Lugo

A Policía Local de Lugo detivo na madrugada do martes aos dous membros dunha...

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...