InicioA UlloaPalas de ReiReclaman ao Concello de Palas de Rei esixir a titulación en Xornalismo...

Reclaman ao Concello de Palas de Rei esixir a titulación en Xornalismo para o posto de directora da radio local

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia pide que se rebisen as bases dos procesos para estabilizar emprego temporal entre os que está a praza de “directora de radio”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O decano do Colexio de Xornalistas, Francisco X. González Sarria, en nome da Xunta de Goberno, reclamou a Pablo José Taboada Camoira, alcalde de Palas de Rei, a revisión das bases dos procesos selectivos para as prazas de estabilización de emprego temporal. Entre elas figura unha praza de “directora de radio” para a que se pode acceder con calquera titulación superior.

Desde o Colexio lembran que a titulación en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual, ou no seu caso a colexiación, son os requisitos axeitados para un posto destas características, e lembra ao Concello de Palas de Rei que a FEGAMP ten asinado o Compromiso público polo emprego e a profesión xornalística.

As bases foron publicadas o pasado 3 de febreiro, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicaba as “Bases que rexerán os procesos selectivos convocados polo Concello de Palas de Rei para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal incluídas na Oferta de Emprego Público de 2022”.

O decano Francisco X. González Sarria, en representación da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, enviou o 21 de marzo unha misiva ao alcalde de Palas de Rei, na que lle lembra que unicamente a titulación en Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou, no seu defecto, a colexiación, “pode garantir que a información relacionada co seu concello sexa tratada de forma profesional e con calidade para a cidadanía”.

É por iso que o Colexio Profesional de Xornalistas solicita a revisión das bases para garantir que se esixa a titulación adecuada a este posto de traballo, de evidente carácter xornalístico. Ademais, en aras da transparencia, o Colexio de Xornalistas solicita coñecer as bases específicas que rexen a convocatoria desta praza.

+ posts

ÚLTIMAS

Celtica Pipes Rock! e Grimorium súmanse á música do Arde Lucus xunto a Abraham Cupeiro

Celtica Pipes Rock! e Grimorium incorporáronse á programación musical do Arde Lucus xunto a...

Miguel Fernández lembra que o parque canino foi “arrincado” á Xunta polo anterior goberno local de Lugo

  O portavoz do Grupo Municipal Socialista no Concello de Lugo, Miguel Fernández, denunciou hoxe...

Convocadas 17 prazas de bombeiro pola vía de urxencia no Concello de Lugo

A Xunta de Goberno Local extraordinaria e urxente celebrada este venres no Concello de...

Combater a desinformación: Deputación e CPXG impulsan 20 obradoiros en concellos da provincia

  A Deputación de Lugo e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia poñerán en...