InicioMedioambiente e PatrimonioÉxito da primeira xornada de 'rutas polo románico da provincia'

Éxito da primeira xornada de ‘rutas polo románico da provincia’

A Deputación de Lugo organizou percorridos este pasado sábado, 7 de maio, polos concellos de Antas de Ulla, Lugo, Guntín Chantada, Palas de Rei e Monterroso con motivo do Día da Transrománica. Hoxe domingo as visitas será por Taboada, Pantón e O Saviñao

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, celebrou a boa acollida de público que tiveron as catro primeiras rutas gratuítas organizadas pola Deputación de Lugo con motivo do Día da Transrománica, que se conmemora o 9 de maio. Os participantes nas actividades do sábado coñeceron, da man de guías oficiais de turismo, o patrimonio románico dos concellos Antas de Ulla, Lugo e Guntín, Chantada, Palas de Rei e Monterroso.

“Esta é a primeira xornada pero as inscricións indican que esta actividade gusta aos lucenses e mañá as visitas a Taboada, Pantón e O Saviñao son tamén un exemplo desta afirmación”, subliñou García Porto, quen lembrou que con esta iniciativa a Deputación busca promocionar o patrimonio románico da provincia, contribuíndo desta forma a “apoiar o sector do turismo, a hostalería e o comercio, e a seguir consolidando un modelo de turismo de calidade e sostible con capacidade para atraer visitantes durante todo o ano, e xerar actividade económica e emprego, sobre todo no rural”.

MÁIS VISITAS PARA O 9, 14 E 15 DE MAIO

As actividades continúan o luns cunha visita á Catedral de Lugo e á Cidade Medieval, que ten as prazas esgotadas, e a vindeira fin de semana, os días 14 e 15 de maio, levaranse a cabo rutas en Sober, Monforte de Lemos, O Courel, Meira, Portomarín, Paradela, Foz, Sarria e Viveiro, lembrou a Deputada.

As inscricións para as actividades aínda dispoñibles poden facerse na web http://inscricions.deputacionlugo.org ata dous días antes das actividades ou ata completar aforo. Para máis información, as persoas interesadas poden chamar aos teléfonos 982.260.011 e 982.260.234, ou dirixirse ao correo electrónico romanico@deputacionlugo.org

RUTA RECOÑECIDA CO SELO DE ‘ITINERARIO DO CONSELLO DE EUROPA’

A Ruta Transrománica na que ingresou a Deputación de Lugo está recoñecida oficialmente co selo de Itinerario Cultural do Consello de Europa e trátase dunha das principais rutas culturais paneuropeas. Está integrada por rexións de 9 países da Unión Europea -Austria, Alemaña, Francia, Italia, Romanía, Portugal, Serbia, Eslovaquia e España- e aglutina un conxunto de monumentos románicos, moitos deles declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...