InicioCulturaCando as costureiras e modistas fan a historia do país

Cando as costureiras e modistas fan a historia do país

A mostra fotográfica “Corcosendo. A memoria das costureiras da Ulloa”, no Pazo de San Marcos ata o 31 de xullo. Iria Castro destaca o traballo das coordinadoras do proxecto e destacou o papel dos museos como mediadores entre patrimonio, comunidade e territorio.

PUBLICADA O

- Advertisement -


A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle a mostra “Corcosendo. A memoria das costureiras da Ulloa”, froito dun proxecto antropolóxico-artístico impulsado polo Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) para recuperar a memoria oral da Ulloa, centrándose no importante papel que o oficio da costura xogou na vida das mulleres da comarca.

Trátase de 30 fotografías de costureiras, intervidas pola artista téxtil Verónica Ramilo, acompañadas por fragmentos textuais elaborados a partir de entrevistas persoais coas protagonistas. A mostra compleméntase coa videoproxección “As mans núas de quen nos vestiu” de Xabier Mailán.

Na inauguración, que contou cunha performance de Helena Salgueiro e a interpretación do tema “Corcosendo” de Zoelas, a deputada de Cultura Iria Castro destacou “a mirada das coordinadoras do proxecto, Susana Varela, Patricia Coucheiro, Antía Montes e Sara Coello, que souberon apreciar o valor antropolóxico e cultural da memoria das mulleres da súa contorna e que atinaron a comunicalo e ampliar o seu coñecemento social a través de linguaxes artísticas”.

A deputada de Cultura, Iria Castro, valorou a presentación deste proxecto en Lugo na data en que celebramos o Día Internacional dos Museos, sinalando a sintonía entre o proxecto Corcosendo e a “liña de traballo que se desenvolve desde os museos provinciais, que apostan por seren mediadores entre patrimonio, comunidade e territorio” e “poñer en valor as narrativas e a memoria das persoas na súa diversidade”.

O proxecto inclúe “Arquitecturas da Memoria”, un contido que permite explorar as rúas do centro de Lugo revivindo a memoria oral da costura, a través dunha aplicación móbil de xeolocalización (Echoes) de descarga gratuíta. As persoas usuarias poden acceder a audios das costureiras da Ulloa que se activan en lugares concretos da cidade, sempre vinculados á evolución dos oficios relacionados coa costura.

FOTOGRAFÍA A CEGAS

Coindicidindo co Día Internacional dos Museos, que se celebra co lema “Museos pola investigación e a educación”, o Museo Provincial de Lugo tamén acolleu o último obradoiro de “Fotografía a cegas”, que a Rede Museística ven desenvolvendo desde hai 13 anos, ofrecendo ás persoas con visión reducida a posiblidade de achegarse á fotografía dende a percepción sensorial, empregando disciplinas como a danza, a música ou o deporte como expresión corporal.

ÚLTIMAS

Candia presenta 50 propostas para incluír nos próximos orzamentos do Concello

A portavoz do Grupo Municipal Popular de Lugo, Elena Candia, presentou unha batería de 50...

A Audiencia de Lugo condena a 37 anos de cárcere a un sexagenario por agredir e violar durante 16 anos a tres menores

A Audiencia Provincial de Lugo acaba de condenar a un home de 65 anos a...

Auxilian a un menor que ameazaba con lanzarse do adarve da muralla de Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo interviñeron o pasado mércores para evitar que un menor se...

Lugo terá lista para o San Froilán a humanización da avenida Infanta Elena

 desdobramento e humanización do último tramo da avenida Infanta Elena estará completado antes de que...