InicioSociedadeLugo conta 2.283 casos activos e non rexistra cambios nos hospitais

Lugo conta 2.283 casos activos e non rexistra cambios nos hospitais

Hai dúas persoas en críticos e 36 noutras unidades.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia mantén a tendencia descendente de casos activos ao situarse en 19.218, que supoñen 369 menos que a xornada anterior, tras detectarse outros 960 contaxios –xa non se inclúen os de autotest co novo protocolo de vixilancia e control–, mentres que as persoas hospitalizadas baixan a 462, que implican tres menos. Pola súa banda, a taxa de positividade segue á alza en Galicia, e aumenta ao 17,21 por cento.

Segundo os datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do mércores, recollidos por Europa Press, descenden a 24 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –unha menos– e a 438 as hospitalizadas en unidades convencionais –dúas menos–, mentres que 18.756 pacientes se atopan en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana –o xoves 24 de marzo– había 448 hospitalizados, 23 deles en críticos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en cinco das sete: A Coruña-Cee, Ourense, Vigo, Ferrol e Pontevedra-O Salnés; mantense na de Lugo; e aumenta na de Santiago-Barbanza. Así, a de Lugo non rexistra cambios, con dúas persoas en críticos e 36 noutras unidades.

CASOS ACTIVOS EN DESCENSO

Por cuarta xornada consecutiva os casos activos seguen en descenso no conxunto de Galicia ao situarse en 19.218, que implican 369 menos, ao haber de novo máis altas (1.328) que contaxios (960), ao que se engade un óbito. Hai unha semana –o xoves 24 de marzo– había 22.649 infeccións activas.

O descenso de casos é xeneralizado en seis das sete áreas sanitarias galegas, coa da Coruña e Cee á cabeza (-121), seguida da de Pontevedra e O Salnés (-67), Vigo (-64), Ferrol (-60), Santiago e Barbanza (-42) e Lugo (-18), mentres que na de Ourense ascenden lixeiramente (+9). Por tanto, con máis infeccións activas continúa a área da Coruña e Cee, con 4.000; seguida da de Vigo, con 3.591; Santiago e Barbanza, con 3.127; Lugo, con 2.283; Ourense, con 2.153; Pontevedra e O Salnés, con 2.137; e á cola segue a de Ferrol, con 1.861.

Segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade este pasado martes 29 de marzo, a incidencia acumulada a 14 días en Galicia ascende a 975,87 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media nacional sobe a 466,51.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

O FIV de Vilalba pecha a XIX Edición con 7.000 asistentes e un millón de euros en recadación

O FIV de Vilalba pechou a súa décimo novena edición cun balance moi positivo,...