InicioA UlloaSobe a presión hospitalaria en Lugo, con 11 pacientes máis con Covid

Sobe a presión hospitalaria en Lugo, con 11 pacientes máis con Covid

Descenden as infeccións activas en 175 ata as 2.423.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia arrinca esta semana cunha repunta dos pacientes hospitalizados pola Covid-19 ata os 415, que supoñen 42 máis nos dous últimos días, mentres que os casos activos descenden a 20.225 –un milleiro menos que o sábado–, mentres que se rexistraron 2.865 novos casos nas últimas 24 horas. Pola súa banda, a taxa de positividade cae a un 9,9 por cento en Galicia, na que unha nova vítima eleva a 3.174 os falecidos pola pandemia.

Segundo os datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do domingo –os domingos e festivos non se actualizan–, recollidos por Europa Press, mantéñense desde o sábado 20 persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –sen cambios–, mentres ascenden a 395 as hospitalizadas en unidades convencionais –42 máis–.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas sete, en especial na de Lugo, na que aínda que segue un paciente Covid en UCI, increméntanse a 44 os ingresados noutras unidades –11 máis–.

O descenso das infeccións activas é xeneralizado en todas as áreas sanitarias galegas, coa de Ourense á cabeza (-276), seguida da de Santiago e Barbanza (-219), A Coruña e Cee (-215), Vigo (-185), Lugo (-175), Pontevedra e O Salnés (-72) e Ferrol (-2). Por tanto, con máis infeccións activas mantense a área da Coruña e Cee, con 4.310; seguida da de Vigo, con 3.739; Santiago e Barbanza, con 3.191; Ourense, con 2.459; Lugo, con 2.423; Pontevedra-O Salnés, con 2.176; e á cola segue a de Ferrol, con 1.833.

Segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade este pasado venres 18 de marzo, a incidencia acumulada a 14 días en Galicia sitúase en 899,90 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media estatal está en 445,80.

+ posts

ÚLTIMAS

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...