InicioSociedadeLugo mantense na contorna dos 2.300 casos activos de covid

Lugo mantense na contorna dos 2.300 casos activos de covid

Baixa a presión hospitalaria ao manter unha persoa en críticos e rexistrar 35 noutras unidades -tres menos-.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 seguen en aumento no conxunto de Galicia e superan os 2.000 novos, tras rexistrarse 165 máis que a xornada anterior, mentres que os casos activos tamén se incrementan ata os 19.589 –un centenar máis– e os pacientes hospitalizados soben a 386 –oito máis–. Pola súa banda, a taxa de positividade repunta ao 12,84 por cento.

Segundo os datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do martes, recollidos por Europa Press, mantéñense 26 persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –sen cambios–, pero aumentan a 360 as hospitalizadas en unidades convencionais –oito máis–, mentres que 19.203 pacientes se atopan en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana –o mércores 9 de marzo– había 397 ingresados en Galicia –30 deles en UCI–.

No caso concreto da área sanitaria de Lugo, baixa a presión hospitalaria ao manter unha persoa en críticos e rexistrar 35 noutras unidades –tres menos–. As infeccións activas ascenden en cinco das sete áreas sanitarias: Vigo (+103), Ferrol (+63), A Coruña e Cee (+57), Lugo (+14) e Santiago e Barbanza (+11); mentres que se reducen nas outras dúas: Ourense (-97) e Pontevedra e O Salnés (-54).

Así, con máis infeccións activas continúa a área da Coruña e Cee, con 4.201; seguida da de Vigo, con 3.497; Santiago e Barbanza, con 3.116; Ourense, con 2.705; Lugo, con 2.386; Pontevedra-O Salnés, con 2.084; e á cola mantense a de Ferrol, con 1.508.

Segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade este pasado martes 15 de marzo, a incidencia acumulada a 14 días en Galicia ascende a 883,57 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media nacional sitúase en 432,37.

Unha das cinco vítimas rexistradas nas últimas xornadas tivo lugar na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte o 14 de marzo. Tratábase dun home de 80 anos.

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...