InicioSociedadeSobe a presión hospitalaria e aumentan os casos activos na área de...

Sobe a presión hospitalaria e aumentan os casos activos na área de Lugo

Rexistráronse 848 novos casos nas últimas 24 horas mediante PCR ou proba de antíxenos. Ademais, son seis as persoas ingresadas en críticos --un máis-- e 57 en planta --cinco máis--.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos continúan en ascenso en Galicia e superan este domingo a barreira dos 70.000 —72.441, concretamente–, mentres que os novos contaxios baixan dos 8.000 e quedan nos 7.838 –776 menos nas últimas 24 horas–. A presión hospitalaria tamén se incrementa con 569 hospitalizados, 30 máis que na última xornada. A taxa de positividade, pola súa banda, continúa en descenso e marca un 21,8%.

Segundo os datos actualizados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do sábado, baixan a 54 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –dúas menos–, pero ascenden a 515 as hospitalizadas noutras unidades –32 máis–. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe en todas, menos na Coruña. Así, concretamente en Lugo, son seis os ingresados en críticos –un máis– e 57 en planta –cinco máis–.

CASOS ACTIVOS

Os casos activos manteñen a tendencia ascendente e a área de Lugo suma 333 máis ca na xornada anterior, ao rexistrárense 848 novos contaxios nas últimas 24 horas mediante PCR ou probas de antíxenos. No resto de áreas, o maior incremento corresponde á de Vigo (+1.158), seguida da da Coruña e Cee (+611), Pontevedra e O Salnés (+407), Lugo (+333), Santiago (+123), Ourense (+59) e Ferrol (+33). Desta maneira, a área lucense conta cun total de 7.547 casos.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...