InicioSociedadeLugo supera os 7.200 casos activos e aumenta a presión hospitalaria

Lugo supera os 7.200 casos activos e aumenta a presión hospitalaria

A área lucense suma dous ingresos máis en críticos (ata un total de cinco) e outras dúas hospitalizacións en planta (ata as 52).

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo rexistra no último reconto 531 casos activos de Covid máis ca na xornada anterior e alcanza as 7.214 persoas con infección activa na área sanitaria, tras sumar un total de 966 contaxios que foron rexistrados nas últimas 24 horas.

Vigo rexistra o maior incremento de casos, un total de 1.587; e séguelle A Coruña e Cee (+996), Pontevedra e O Salnés (+671), Santiago (+617), Lugo (+531), Ourense (+293) e Ferrol (+241).

Segundo os datos actualizados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do venres, a presión hospitalaria aumenta na área lucense ao sumar dous ingresos máis en críticos (ata un total de cinco) e outras dúas hospitalizacións en planta (ata as 52).

AUMENTAN OS CONTAXIOS

Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 aumentan no conxunto de Galicia a 8.614, e os casos activos están a piques de alcanzar a marca dos 70.000. Deste xeito, Galicia acumula desde o inicio desta pandemia 327.768 persoas contaxiadas por coronavirus, dos que 74.988 corresponden á área de Vigo; 69.500, á da Coruña; 49.402, á de Santiago; 41.184, á de Ourense; 39.003, á de Pontevedra; 33.899, á de Lugo; e 19.792, á de Ferrol.

Nas últimas 24 horas realizáronse 7.064 PCR, que eleva a 3.455.181 as feitas desde o inicio da pandemia; e 12.461 test de antíxenos, que suman 1.280.662, o que supoñen 19.525 probas efectuadas entre ambas. En canto á taxa de positividade en PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test–, descende ata o 25,68%. Así, mantense moi por encima do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....