InicioSociedadeA provincia de Lugo suma 435 infeccións activas de Covid

A provincia de Lugo suma 435 infeccións activas de Covid

A presión hospitalaria descende, con tres ingresos en unidades convencionais --dous menos-- e un en UCI --un máis--

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos de coronavirus en Galicia continúan á alza e exceden xa a barreira dos 4.000, con 4.396 infeccións –426 máis nas últimas 24 horas–, mentres que os contaxios volven superar o medio milleiro, 573 –73 máis–. Con todo, a presión hospitalaria descende lixeiramente ata as 104 hospitalizacións –tres menos– e a taxa de positividade tamén se reduce e marca un 6,41%.

Segundo os datos publicados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste venres, aumentan a 15 os pacientes ingresados en UCI pola Covid en Galicia –dous máis–, pero baixan a 89 as persoas hospitalizadas noutras unidades –cinco menos–.

Concretamente na área de Lugo, a presión hospitalaria descende, con tres ingresos en unidades convencionais –dous menos– e un en UCI –un máis–. Ademais, na última xornada foron rexistrados outros 29 casos ata as 435 infeccións activas. 

Deste xeito, con máis casos colócase a de Vigo, con 1.202; seguida da de Ourense, con 1.134; A Coruña e Cee, con 636; Lugo, con 435; Santiago e Barbanza, con 385; Pontevedra e O Salnés, con 380; e á cola continúa a de Ferrol, con 224. Segundo os últimos datos actualizados na tarde deste pasado xoves polo Ministerio de Sanidade, Galicia conta cunha taxa a 14 días de 148,12 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media de España ascende a 171,68.

+ posts

ÚLTIMAS

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...